APEHL

INCENTIVOS DE CONTRATACIÓN PARA PARADOS DE LARGA DURACIÓN

TIPOS DE INCENTIVOS:    BONO CONTRATACIÓN E BONO FORMACIÓN

Beneficiarios: Autónomos e empresas, de calquera forma xurídica con centro de traballo en Galicia, que contraten a unha persoa desempregada de longa duración cun contrato indefinido ou temporal, ambos a xornada completa, incluidos os fixo-discontinuos, que se formalicen desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.

Requisitos e obligacións:

BONO CONTRATACIÓN

Contratacións indefinidas: Incrementar o cadro de persoal fixo e neto respeto aos 3 meses anteriores á contratación. Manter a persoa contratada mínimo 2 anos e manter en cómputo anual o número de persoas fixas durante 2 anos.

Contratacións temporais: Incrementar o cadro de persoal neto respeto aos 3 meses anteriores á contratación. Manter a persoa contratada mínimo 12 meses.

BONO FORMACIÓN

Contratacións indefinidas: A acción formativa será mínimo de 70 horas.  

Contratacións temporais: A acción formativa será mínimo de 50 horas.

 

NOTA: a formación é para as persoas traballadoras subvencionadas e impartirase dentro dos tres primeiros meses de contrato. A formación das contratacións anteriores ao 8 de xaneiro de 2020 debe realizarse ata o 7 de abril de 2020.

Contía das axudas:

BONO CONTRATACIÓN

Contratacións indefinidas: 10.000 euros
Contratacións temporais:   5.000 euros

En ambos os casos increméntase un 25 % nas seguintes situacións:

  •     Maiores de 45 anos
  •     Centro de traballo en concello rural
  •     Persoa emigrante retornada
  •     Persoa trans
  •     Actividade da empresa dentro de sectores estratéxico
  •     Empresas de máis de 50 traballadores con taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.

 BONO FORMACIÓN

 Contratos indefinidos iniciais: 4.000 euros

 Contratos temporais: 2.000 euros

Prazos: Xeral 08/01/2020 ata 30/09/2020.

  •  Para as contratacións realizadas entre o 1/10/19 e o 7/01/2020, ata o 9/03/2020.
  •  Para as contratacións realizadas desde o 8/01/2020, ata o último día do segundo mes seguinte á contratación.
Descargar documentación