APEHL

PROGRAMA BONO RENOVA (TRASPASO XERACIONAL)

1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:

a) Que teñan 60 anos ou máis.

b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da seguridade social.

c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias para seren persoas beneficiarias desta axuda, a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supor o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade.

No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 60 anos ou máis, debe levar máis de 24 meses de alta no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no RETA tras a súa adquisición.

EXCLUSIÓNS

Estarán excluídas as transmisións realizadas entre os cónxuxes.

REQUISITOS

Requisitos e deberes das persoas beneficiarias:

1. A persoa adquirente e a transmitente teñen o deber de estar inscritas separada ou conxuntamente no Programa de traspaso xeracional na oficina do autónomo.

2. A persoa adquirente debe estar dada de alta no RETA no mes seguinte á transmisión do negocio, mantendo o alta no RETA e na actividade do negocio que se adquire durante un período mínimo de 2 anos.

3. A persoa ou entidade beneficiaria deberá manter no seu persoal a persoa traballadora contratada por un período mínimo de 2 anos dende a data da transmisión do negocio, mantendo como mínimo a xornada pola que se concedeu a subvención.

No suposto de extinción da relación laboral da persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a persoa ou entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación, polo menos cunha xornada de traballo igual ou superior á da persoa substituída. Para cubrir este deber a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación debe ser comunicada ao órgano que concedeu a axuda xunto cun novo anexo referido á nova contratación e non dará lugar en ningún caso a unha nova subvención. A suma do tempo contratada da persoa traballadora e da substituta debe ser como mínimo igual aos dous anos.

4. Estar ao corrente dos deberes tributarios coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como coa Seguridade Social.

5. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Cumprir os deberes establecidos no artigo 11 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. A persoa beneficiaria estará obrigada a comunicar, de maneira inmediata, calquera variación ou extinción das condicións que lle deron dereito a percibir estas axudas.

SUBVENCIÓNS

1.  A persoa transmisora terá unha subvención de 5.000 €.

2.  A persoa adquirente:

  • bono asesoramento: ata 3.000 €
  • bono formación: ata 6.000 €
  • bono inicio de actividade: ata 5.000 € cun incremento de 3.000 € por traballador (máximo 5 traballadores) por conta allea de alta na empresa no momento do traspaso e manter durante 2 anos.

PRAZO

Ata o 30 de setembro de 2020