APEHL

TR349L. Subvención para contratación vinculada a persoas mozas inscritas no sistema nacional Garantía Xuvenil

20.10.2022. Programa de incentivos á contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, vinculados aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 polas que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade é favorecer o emprego e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas que obtiveron a cualificación de aptas nos programas de emprego descritos no parágrafo anterior.

O crédito da convocatoria para o exercicio económico 2022 é de 1.741.213 euros.

A QUEN VAI DIRIXIDO?
Poderán ser persoas e entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego, e as empresas de inserción laboral excepto para realizar contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.

PERSOAS DESTINATARIAS FINAIS
Poderán ser persoas destinatarias finais destas axudas aquelas persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos no momento da selección e da contratación:

a) Que teñan feitos os 18 anos e non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.

b) Que remataran a fase de formación e aprendizaxe co resultado de aptas nos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 polas que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

d) Que estean inscritas en situación de beneficiarias no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas participantes dos programas de emprego das convocatorias dos anos 2020 e 2021, que obtivesen a cualificación de aptas na fase de formación.

2. Os contratos terán unha duración mínima de 6 meses e deberán ser a xornada completa. Se a modalidade contractual pola que se opta é de carácter temporal, e por tratarse de contratos de duración determinada que resultan necesarios para a execución de programas de carácter temporal cuxa financiación provén de fondos da Unión Europea, segundo o disposto na disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, utilizarase a modalidade denominada «contrato de duración
determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos».

3. O período para realizar as contratacións será desde o día seguinte ao da publicación desta orde ata o 15 de novembro de 2022.

4. As contratacións deberán estar realizadas no momento de presentación da solicitude.

CONTÍA DAS AXUDAS
A axuda consistirá nun incentivo único de 6.000 € por cada persoa moza contratada alomenos por 6 meses e cunha xornada a tempo completo.

SOLICITUDE E PRAZO
Ata o 15 de novembro de 2022.

Descargar documentación