APEHL

TU986B. Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas

05.12.2022. A concesión destas axudas para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas tramitaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria. Ditas subvencións están incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia firmado pola Unión Europea- NextGenerationEu.

As bases teñen por finalidade a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico. Están incluídas as siguientes tipoloxías: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

As axudas están dirixidas ás pequenas e medianas empresas (pemes) que teñan residencia fiscal en España, e se encadren nalgún dos seguintes colectivos:

a) Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de edificios existentes destinados a aloxamento turístico. 

b) As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios destinados a aloxamento turístico, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente que lles outorgue facultade expresa para acometer as obras de reforma.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

As actuacións subvencionables débense encadrar nunha ou varias das seguintes tipoloxías:

a) Tipoloxía 1: Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.

b) Tipoloxía 2: Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e agua quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/ou calor residual para complexos turísticos de varios edificios.

c) Tipoloxía 3: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

As actuaciones subvencionables deberanse realizar en edificacións existentes e construídas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, sempre que sexan edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico. Ademais, estas actuacións deberán alcanzar as dúas seguintes condicións:

1. Redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto a situación de partida.

2. Mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono. Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.

Para a obtención das condicións anteriores poderanse combinar as actuacións que se vaian a realizar, e non é necesario o seu cumplimento por cada actuación individualmente.

O prazo máximo para a conclusión das actuacións obxecto de axuda será o que se fixe na resolución da concesión, sen que poida superar os 12 meses contados desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda.

CUANTÍA DAS AXUDAS

A cuantía de cada axuda depende da tipoloxía de actuación, pero o límite para cada proxecto é de 150.000 euros. A persoa beneficiada deberá realizar un gasto efectivo, que terá que xustificar, de polo menos 5.000 euros no proxecto.

SOLICITUDE E PRAZO

Ampliado ata o 29 de maio de 2023, salvo que con anterioridade se esgote o crédito orzamentario.

Descargar documentación