04.01.2023. A concesión destas axudas ten como obxecto axudar ás persoas traballadoras autónomas e microempresas para facer fronte á situación económica xerada pola suba dos custos en materias primas e subministracións, que afectan y condicionan a súa actividade económica.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia, así como as persoas mutualistas, con domicilio fiscal en Galicia e que tiveran uns rendementos netos mínimos de actividades económicas realizadas de 10.000 € e un máximo de 30.000 €, no ano 2021.
2. Traballadoras autónomas de tempada que acrediten estar de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude, e que estiveran de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no ano 2021 e no ano 2022.
3. Microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, con domicilio fiscal en Galicia e cun mínimo de facturación no ano 2021 de 50.000 € e un máximo de 750.000 euros no mesmo ano 2021.
Quedan excluídas desta orde as personas autónomas colaboradoras e familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas.
REQUISITOS
Estar de alta, mínimo 6 meses antes da convocatoria e encontrarse de alta no momento de solicitude das axudas, como persoas autónomas no RETA o no Réxime do Mar, incluídas as persoas autónomas societarias ou en situación asimilada, e os mutualistas, que teñan domicilio social en Galicia e que tiveran uns rendementos netos mínimos de 10.000 € e máximos de 30.000 €, no último exercicio económico.
Os autónomos societarios, ademais de cumprir os requisitos de rendementos netos a nivel individual, a facturación da sociedade non poderá superar os 750.000 €.
As persoas traballadoras autónomas de tempada que, estean de alta no momento da presentación da solicitude de axudas, e que teñan estado de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses nos anos 21 e 22.
Para aquelas actividades que se desenvolvan en establecementos fixos abertos ao público, o establecemento deberá estar aberto ao público durante os 6 meses posteriores á publicación da orde de axudas.
CUANTÍA DAS AXUDAS
A cuantía das axudas establécese en función dos rendementos netos das persoas ou entidades solicitantes conforme a seguinte escala:
a) Para as persoas autónomas que tributen en réxime de estimación obxectiva (módulos), o importe da axuda será de 800 €.
b) Para persoas autónomas que tributen en réxime de estimación directa ou atribución de rendas, e outros réximes:
– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 20.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.
– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 30.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.
c) Para microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís:
– Cun mínimo de facturación no ano 2021 de entre 50.000 € e un máximo de 250.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.
– Cunha facturación superior a 250.000 € no ano 2021 e ata un máximo de 750.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.
Estes importes reduciranse ao 50 % no caso de persoas autónomas, microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís que se deran de alta ao longo do ano 2021 e non acrediten 12 meses completos de actividade.
Do mesmo xeito, o importe reducirase ao 50 % no caso de persoas autónomas de tempada. Compatibilidade con calquera tipo de axudas que apoien o emprego autónomo da Xunta de Galicia.
SOLICITUDE E PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 9 de xaneiro (ás 00:00 horas) e finaliza o 9 de febreiro.
Descargar documentación