APEHL

TU503A. Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración

16.01.2023. A concesión desta axuda ten como obxecto unha mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para levar a cabo esas melloras dos establecementos de aloxamiento turístico e de restauración do territorio. 

A QUEN VAI DIRIXIDO?

1. Son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos.

b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I (Restaurantes).

2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2023. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores á dita data.

3. En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

3.1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

3.2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.

3.3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

3.4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.

3.5. Equipamentos de mobles necesarios para o funcionamento.

3.6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.

4. Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.

5. Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

6. O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requirirase o solicitante para que reaxuste o proxecto que se vai executar ao citado límite.

Enténdese por investimento neto o importe orzado unha vez deducido o imposto sobre o valor engadido.

7. Non son gastos subvencionables aqueles conceptos que non estean directamente relacionados coa actuación subvencionable.

8. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na normativa de contratos do sector público para os contratos menores (40.000 € no caso de obras e 15.000 € no caso de subministracións, excluído en ambos os dous casos o IVE), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da obra, ou a adquisición do ben.

REQUISITOS

1. Deberá acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou fincas obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice ao beneficiario á realización da inversión subvencionada e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obrigación de manter a actividade prevista no artigo 20.b) destas bases.

2. Deberá acreditarse unha antigüidade da actividade turística de aloxamento e restauración no establecemento para o cal se solicita a subvención non inferior a 5 anos á data de solicitude da axuda (tanto da actividade como do establecemento). A estes efectos, tomarase como data de referencia para o cálculo da antigüidade a data de inscrición no REAT.

3. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

CUANTÍA DA AXUDA

Os proxectos que se recollen no número anterior como accións subvencionables poderán acadar unha subvención de ata o 50 % sobre o orzamento do investimento subvencionable. O importe máximo da axuda a cada entidade beneficiaria será de 50.000 €. A porcentaxe de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase con base na puntuación que acaden os proxectos presentados.

SOLICITUDE E PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 13 de febreiro.

Descargar documentación