APEHL

TR341Q. Programa do bono das persoas autónomas 2023

24.01.2023. Iníciase a convocatoria pública de axudas do Programa do bono das persoas autónomas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia 2023. As subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

– Persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional e que teña domicilio fiscal en Galicia.

– Sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia.

REQUISITOS

No caso de autónomos:

– Que a persoa traballadora autónoma teña unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrumpida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.

– Que a persoa traballadora autónoma teña un rendemento neto reducido do exercicio 2021 inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros.

No caso de sociedades:

– Que teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrumpida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.

– Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2021.

– Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2021 realizada, inferior a 30.000 euros (segundo a casilla 552 do imposto de sociedades).

EXCLUSIÓNS

– Persoas que cobrasen a axuda de bono de persoas autónomas nalgunha das anteriores convocatorias.

– Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas do colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea.

INVESTIMENTOS E GASTOS SUBVENCIONABLES

Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

1. Compra de maquinaria;

2. Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética;

3. Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos;

4. Compra de útiles necesarios e ferramentas;

5. Reforma do local do negocio;

6. Equipamento informático;

7. Equipamento de oficina e/ou negocio;

8. Rótulos;

9. Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais;

10. Deseño de marca.

Os investimentos deben realizarse entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude desta axuda.

CUANTÍA DAS AXUDAS

O 80% do gasto subvencionable. Cun máximo de 3.000€.

SOLICITUDE E PRAZO

O prazo de presentación iníciase mañá, día 25 de xaneiro, e finaliza o 29 de setembro.

Descargar documentación