DOG Núm. 16 do 24 de xaneiro de 2023
27.01.2023. Comezan as subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
Empresas legalmente constituídas e autónomos que teñan o seu domicilio ou centro de traballo en Galicia, e cuxa actividade estea incluída nos CNAE 2009 correspondentes a:
- Comercio ao por maior e por menor.
- Reparación de vehículos a motor e motocicletas.
- Transporte e almacenamento.
- Hostalería.
- Información e comunicacións.
- Actividades financeiras e de seguros inmobiliarios, actividades profesionais, científicas e técnicas, actividades administrativas e servizos auxiliares, educación, actividades sanitarias e de servizos sociais, actividades artísticas, recreativas e de entretemento, outros servizos.
REQUISITOS
- Que sexan realizados entre o 1 de xaneiro do 2023 e o 2 de outubro de 2023.
- Que o investimento mínimo por solicitude debe ser de 1.000 € sen incluír o IVE.
Cada solicitante presentará unha única solicitude. Excepcionalmente, permitirase a presentación de dúas solicitudes cando unha delas contemple exclusivamente o Bono de Asesoramento Enerxético.
INVESTIMENTOS E GASTOS SUBVENCIONABLES
A) Bono asesoramento enerxético (diagnósticos enerxéticos e auditorías enerxéticas).
B) Bono envolvente: elementos de control solar.
C) Bono iluminación: renovación de equipos de iluminación interior/exterior.
D) Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas que garantan un subministro con calidade e fiabilidade.
E) Bono equipo: renovación do equipo consumidor de enerxía propio do establecemento, sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior.
F) Bono climatización: equipos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
G) Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente.
CUANTÍA DAS AXUDAS
80% do custo da actuación, cun límite máximo de 6.000€ por solicitude.
SOLICITUDE E PRAZO
O prazo de solicitude finaliza o 29 de xuño.
Descargar documentación