APEHL

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA MATERNIDADE/PATERNIDADE PARA TRABALLADORES/AS AUTÓNOMOS/AS

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento no prazo do quince días seguintes á súa finalización, contraten unha persoa traballadora por conta allea para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.

Tamén serán beneficiarias as sociedades e comunidades de bens que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto ás persoas autónomas societarias.

Tamén se subvencionarán os gastos de gardería realizados no período subvencionable.

BONO CONCILIA

Será subvencionable a contratación levada a cabo durante un período máximo dun ano e mínimo de seis meses, unha vez finalizado o período de descanso por nacemento da persoa autónoma, que se realicen entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.

O importe da subvención para compensar a citada contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de doce meses de contratación.

Cando se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo.

BONO GARDERÍA

Aquelas persoas autónomas que obtivesen a subvención polo bono concilia nesta convocatoria recibirán unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardería ata un máximo de 3.000 €.

No caso de que o beneficiario do bono concilia fose unha sociedade ou comunidade de bens, a solicitude deste bono debe realizala a persoa autónoma societaria polo cal tivo dereito á axuda, indicando no anexo da solicitude a sociedade ou comunidade de bens que foi beneficiaria.

Serán subvencionables os gastos de gardería do fillo ou da filla polos que obtivo o bono concilia realizados no período subvencionable, que comprende de 1 de outubro de 2019 a 30 de setembro de 2020.

REQUISITOS

1. A persoa traballadora autónoma tivo que estar de descanso por nacemento.

2. No prazo do quince días naturais seguintes á finalización do período de descanso por nacemento débese realizar un contrato de calquera modalidade co compromiso dunha duración mínima de seis meses.

3. A contratación debe realizarse cunha persoa desempregada. Non é necesario que cumpra este requisito se a contratación se realiza coa mesma persoa que estaba contratada por interinidade por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma.

4. A persoa ou entidade beneficiaria deberá manter no seu persoal a persoa traballadora contratada por un período mínimo do tempo polo que se lle concedeu a subvención desde a alta do contrato subvencionado, mantendo como mínimo a xornada pola que se concedeu a subvención.

5. No suposto de extinción da relación laboral da persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a persoa ou entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación, cunha persoa desempregada polo menos cunha xornada de traballo igual ou superior á de persoa substituída. Para cubrir este deber a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. A suma do tempo contratada da persoa traballadora e da substituta debe ser como mínimo igual ao tempo polo que se lle concedeu a subvención.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Ata o 30 de setembro de 2020

Para máis información DOG N.º 22 de 03.02.2020

Axudas conciliación maternidade/paternidade persoas autónomas