APEHL

TR349F. Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas

06.02.2023. Establecéronse as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación a persoas asalariadas. Realízase a súa convocatoria para o ano 2023.

OBXECTO

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

1. Bono de contratación, cuxas particularidades se recollen no capítulo II desta orde, e por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

2. Bono de formación (opcional), cuxas particularidades se recollen no capítulo III desta orde e por medio do cal se proporcionará unha subvención ás persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, para que leven a cabo accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Quedan excluídos: 

- As persoas que desenvolvan como persoas traballadoras autónomas a mesma actividade nos tres meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social. A estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

- As sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integren nin os autónomos colaboradores.

BONO DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS DESEMPREGADAS

Serán subvencionables ao amparo deste programa as contratacións indefinidas iniciais das persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia e que se formalicen desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.

A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluídos os contratos de fixos-discontinuos.

Requisitos:

1. Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que realicen as persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial cando na data en que se formalice o contrato polo que se solicita a subvención non houbera outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratara con carácter indefinido, con anterioridade, a outra persoa traballadora, excepto que este contrato indefinido se extinguira por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente
total, absoluta ou gran invalidez da persoa traballadora, ou por resolución durante o período de proba.

3. Serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que con anterioridade á formalización destes contratos non se realizaran dúas ou máis contratacións indefinidas, excepto que estes contratos indefinidos anteriores se extinguiran por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora, ou por resolución durante o período de proba.

4. Para que poida ser obxecto de subvención o contrato indefinido inicial deberá formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma reglamentariamente establecida.

BONO DE INCENTIVOS Á FORMACIÓN

Accións subvencionables e requisitos:

1. As persoas autónomas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio do programa de bono de contratación previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa traballadora que recibe a formación e tutorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar na sección 1ª desta convocatoria.

b) A duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo ás que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.

c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde a data da solicitude e deberá estar finalizada o 30 de novembro de 2022.

2. Queda excluída deste bono de incentivos á formación aquela formación que supoña o cumprimento de obrigacións legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

SOLICITUDE E PRAZO

O prazo de presentación remata o 29 de setembro. 

Descargar documentación