28.03.2023. Concédense por orde de entrada axudas a establecementos turísticos para actuacións que contribúan a unha maior integración co paisaxe e respecto dos valores ambientais, así como a mellora da fachada e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras, de forma que contribúan ao embelecemento do litoral da Comunidade Autónoma de Galicia e a un turismo sustentable.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
Persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros, dentro do marco xeográfico do litoral de Galicia, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado o clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, de 27 de outubro, do turismo de Galicia.
En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en cualquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
a) Os establecementos hotaleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, de 27 de outubro.
b) As empresas de restauración (restaurantes, cafeterías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, de 27 de outubro.
Os beneficiarios deben ser pemes.
REQUISITOS
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de outubro de 2023.
A inversión neta admitida será de ata 100.000 €.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, a súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos aportados pola persoa solicitante da subvención.
Deberá acreditarse, por cualquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou prezos obxecto da actuación ou cualquera outro dereito que autorice á persoa beneficiaria á realización da inversión subvencionada e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obriga de manter a actividade.
INVESTIMENTOS E GASTOS SUBVENCIONABLES
a) Liña 1: tecnoloxías ambientais.
– Creación de entornos que prioricen a luz natural. Inclúe a remodelación das fachadas mellorando a súa orientación, substitución de paredes por cristaleiras, instalación de ventás nas cubertas, instalación de túneles solares e instalación de cortinas finas ou traslúcidas, contribuíndo a unha menor utilización de fontes de enerxía para a xeración de luz artificial.
– Instalación de láminas de control solar nas ventás para evitar a incidencia excesiva dos raios solares no interior e a perda calorífica en inverno, contribuíndo á mellora do comportamiento enerxético do edificio.
– Construción de invernadoiros adosados e de azoteas e terrazas verdes para crear un «efecto toldo», de maneira que permita resgardar o edificio da choiva e mellorar o illamento, contribuíndo a una redución no uso dos sistemas de calefacción e climatización e a mellora ambiental.
– Instalación de sistemas de aproveitamento da auga. Inclúe a instalación de tanques subterráneos modulares, que permiten recoller tanto a auga da choiva como filtrar a auga procedente do terreo, a instalación de filtros de auga nas baixantes para aproveitar a auga da choiva, así como outros sistemas de aproveitamento de augas residuais o que reduzan os vertidos ao medio ambiente.
b) Liña 2: mellora da fachada do litoral galego.
– Revestemento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean finalizados con materiais ou solucións construtivas non adecuadas para quedar á vista, como fábrica de ladrillo, de bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
– Renovación do acabado dos paramentos cegos de fachadas, carpinterías ou cerraxerías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico a consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabado.
Considerarase como deficiente estado de conservación aquel en que se encontren os elementos de fachada a consecuencia de patoloxías construtivas tales como descascado, humidades ou manchas permanentes, quedando excluídas de forma expresa as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de limpeza. Considéranse incluídos os casos de fachadas de mampostería ou cantería que precisen a realización ou renovación dos morteiros de rexuntado.
– Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, ben por estar finalizadas con pracas de fibrocemento ou solucións construtivas non adecuadas para quedar á vista, ben por encontrarse nun deficiente estado de conservación, constitúan un impacto paisaxístico. Considéranse incluídas as unidades de obra relativas a elementos ou intervencións inherentes e imprescindibles para o soporte (non estrutural), remate ou renovación das cubertas. Queda excluída de forma expresa a renovación de elementos estruturais, así como as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de limpeza.
– Revestemento dos muros de peche da parcela onde se sitúa o establecemento turístico realizados con ladrillo ou bloques de formigón sen revestir.
Inclúe a recuperación, restauración ou arreglo de muros de pedra tradicionais, co obxecto de evitar o potencial impacto paisaxístico que produciría a súa perda, así como o que produce o seu mal estado de conservación. Neste caso as actuacións deberán respectar a tipoloxía e morfoloxía orixinal do muro en cada caso e deberanse empregar os mesmos materiais e técnicas coas que foron construídos.
CUANTÍA DA AXUDA
- A intensidade da axuda para a liña 1, tecnoloxías ambientais será ata un 90 % do custo total subvencionable do proxecto. O importe máximo da axuda por proxecto será de 60.000 €.
- A intensidade da axuda para a liña 2, mellora da fachada turística do litoral, será ata un 80 % do custo total subvencionable do proxecto. O importe máximo da axuda por proxecto será de 55.000 €.
Descargar documentación