APEHL

TR341R. Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma

DESCRICIÓN
Concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

PRAZO DE SOLICITUDE
Ata o 29 de setembro de 2023.

BENEFICIARIOS
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas; tamén poden ser beneficiarias as persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís e comunidades de bens, a título individual, a condición de que cumpran os seguintes requisitos no momento da solicitude:
a) Ter o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, segundo alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037.

c) Cumprir os requisitos esixidos na presente orde e no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Quedan excluídas deste programa acódelas socias de sociedades cooperativas e as persoas autónomas colaboradoras, así mesmo os autónomos administradores que non teñan parte na sociedade.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
a) Bono autónomo Concilia I:
Para ser beneficiaria desta axuda a persoa solicitante tivo que estar previamente de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas.
O contrato a realizar será de calquera modalidade co compromiso dunha duración mínima de seis meses. A contratación debe realizarse cunha persoa desempregada, entendendo como tal unha persoa sen ocupación segundo a vida laboral e inscrita na oficina de emprego, e debe realizarse no período máximo dun ano unha vez finalizado o período de descanso por maternidade, paternidade, adopción ou acollemento.
Non é necesario cumprir os requisitos previstos no parágrafo anterior se a contratación realízase coa mesma persoa que estaba contratada por substitución da persoa traballadora por maternidade ou paternidade.

b) Bono autónomo Concilia II:
Para ser beneficiario desta axuda o solicitante ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade coa persoa menor, maior e/ou persoa con discapacidade ou dependencia.
En caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, como mínimo, no tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude. En caso de menores acollidos non será necesario acreditar a convivencia previa. A contratación debe realizarse cunha persoa desempregada, entendendo como tal a unha persoa sen ocupación segundo a vida laboral e inscrita na oficina de emprego.

c) Bono autónomo Concilia III:
Para ser beneficiaria desta axuda a persoa solicitante terá que acreditar a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia.
En caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, como mínimo, no tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude. En caso de menores acollidos non será necesario acreditar a convivencia previa.
 

Descargar documentación