APEHL

TR880B. Axudas Emprendemento Plus

DOG Nº 135 do 17 de xullo de 2023.

Obxecto
Axudas en réximen de concurrencia competitiva para iniciativas de emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que na data de presentación de solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde data de constitución ou alta da súa actividade económica.

Beneficiarios
Sector hostalería: exclusivamente dirixido á creación do novos hoteis e restaurantes situados con construccións patrimoniais singulares ( pazos, muiños, patrimonio industrial, palloza, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.

Liñas de axuda
Programa I. Emprendemento Plus Investimento.
Apoiar a continuidade e a consolidación de iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, mediante o apoio de investimentos realizados nas iniciativas obxecto da axuda.
Os gastos haberán de estar realizados desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de outubro de 2024.
O investimento será entre 10.000 € e 200.000 €.
Contía das axuda entre o 60 % e o 45 %.

Programa II. Emprendemento Plus Emprego
Fomento e consolidación do emprego por parte de autónomos e pequenas empresas de nova creación (máx. 42 meses) para promover a contratación de persoas desempregadas. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, mediante unhas liñas de incentivos á contratación por conta allea, e que inclúe dúas modalidades de axudas:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas. Incentivo 6.000 €.

b) Incentivos á contratación de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa. Incentivo 6.000 €.

As contratacións realizaranse entre o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de outubro de 2024.
Estes dous programas son compatibles entre si, pero:
1. Para optar ao Programa II Emprendemento Plus Emprego será necesario solicitar a axuda ao investimento establecida no Programa I Emprendemento Plus Investimento.

2. Para poder optar ao Programa I: Investimento non é necesario solicitar o Programa II de Emprego.

Requisitos
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas traballadoras autónomas, as sociedades mercantís, as sociedades laborais e cooperativas, empresas de inserción, centros especiais de emprego, así como entidades sen personalidade xurídica tales como comunidades de bens, sociedades mercantís etc. que cumpran a condición de peme.
As persoas beneficiarias deberán ter unha antigüedade non superior ós 42 meses desde a alta ou constitución ou o inicio da súa actividade e ata a data da solicitude.
Ademáis deberán cumprir, entre otros, os seguintes requisitos:
- Domicilio fiscal e/ou centro de actividade en Galicia

- Viabilidade técnica, económica e financieira

- Inscritas como tales no rexistro correspondente

- Ter presentado as contas anuais segundo corresponda

- Estar ao día no pago das súas obrigas tributarias e da seguridade social

- Alta no IAE

- Desenvolver actividade empresarial ou profesional en Galicia

Prazo de presentación
Desde o 18/07/2023 ata o 17/08/2023.

Descargar documentación