APEHL

AVAIS ICO PEMES E AUTÓNOMOS PARA PALIAR OS EFECTOS ECONÓMICOS DO COVID-19

30.03.2020. O Consello de Ministros, na súa reunión do día 24 de marzo de 2020, adoptou un Acordo polo que se aproban as características do primeiro tramo da liña de avais do ICO para empresas e autónomos, para paliar os efectos económicos do COVID-19.

Descrición

Para facilitar o mantemento do emprego e paliar os efectos económicos do COVID-19, a liña de avais ten por obxectivo cubrir os novos préstamos e outras modalidades de financiamento e as renovacións concedidas por entidades financeiras a empresas e autónomos para atender as necesidades de financiamento derivadas, entre outros, de pagos de salarios, facturas, necesidade de circulante ou outras necesidades de liquidez, incluíndo as derivadas de vencementos de obrigacións financeiras ou tributarias.

Prazo de solicitude

Desde o26/03/2020 ata o 30/09/2020.

Estes avais son tramitados e concedidos polas entidades de crédito, quen decidirán a súa concesión ou denegación aos solicitantes. As solicitudes realízanse nas entidades de crédito adheridas.

OBXECTIVO: Para facilitar o mantemento do emprego e paliar os efectos económicos do COVID-19, a liña de avais ten por obxectivo cubrir os novos préstamos e outras modalidades de financiamento e as renovacións concedidas por entidades financeiras a empresas e autónomos para atender as necesidades de financiamento derivadas, entre outros, de pagos de salarios, facturas, necesidade de circulante ou outras necesidades de liquidez, incluíndo as derivadas de vencementos de obrigas financeiras ou tributarias.

BENEFICIARIOS: empresas e autónomos que teñan domicilio social en España e se víran afectados polos efectos económicos do COVID-19, sempre que:

  • Os préstamos e operacións fosen formalizados ou renovados con posterioridade ao 17 de marzo de 2020.
  • Os acreditados non figuren en situación de morosidade na consulta aos ficheiros da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) a 31 de decembro de 2019.
  • Os acreditados non estean suxeitos a un procedemento concursal a data de 17 de marzo de 2020, ben por presentar solicitude de declaración de concurso, ou por darse as circunstancias a que se refire o artigo 2.4 da Lei 22/2003, de 9 de xullo, Concursal, para que o concurso sexa solicitado polos seus acredores.

IMPORTE MÁXIMO DO CRÉDITO: 1.5 millóns de euros nunha ou varias operacións.

PORCENTAXE MÁXIMA DE AVAL: 80 % da operación. 70 % para non pemes de novas operacións e 60 % de operacións de renovación.

REMUNERACIÓN DO AVAL: A remuneración dos avais concedidos a préstamos ata 1,5 millóns de euros será de 20 puntos básicos sobre o saldo do importe total avalado.

PRAZO DE VENCEMENTO MÁXIMO DO AVAL: O prazo do aval emitido coincidirá co prazo da operación ata un máximo de 5 anos.

Para máis información: https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/26/pdfs/BOE-A-2020-4070.pdf