APEHL

PROGRAMA EMPREGA DISCAPACIDADE E EXCLUSIÓN

TIPOS DE INCENTIVOS: BONO CONTRATACIÓN, BONO FORMACIÓN E BONO EMPREGO CON APOIO

Beneficiarios: Autónomos e empresas, de calquer forma xurídica con centro de traballo en Galicia, que contraten a persoas con discapacidade (desempregadas ou traballadoras que procedan de centros especiais de emprego ou empresas de inserción laboral) ou persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social, cun contrato indefinido, temporal (duración mínima de 3 meses) e transformación de contratos temporais a indefinidos a tempo completo ou parcial, incluidos os fixo-discontinuos, que se formalicen desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.

Requisitos e obrigas:

BONO CONTRATACIÓN

  • Contratacións indefinidas: Incrementar o cadro de persoal fixo e neto respeto aos 3 meses anteriores á contratación. Manter a persoa contratada mínimo 2 anos.
  • Contratacións temporais: Incrementar o emprego neto respeto aos 3 meses anteriores á contratación. Manter a persoa contratada polo período mínimo de duración.
  •  Transformacións en indefinidos de contratos temporais: Incrementarse a plantilla fixa da empresa respeto aos tres meses anteriores. Manter a persoa contratada mínimo 2 anos.

NOTA: Non se incentivará a transformación dos contratos temporais se transcurrido máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, excepto aquelas modalidades que permitan unha duración superior a este prazo.

             

BONO FORMACIÓN

  • Contratacións indefinidas: A acción formativa será mínimo de 70 horas.  
  • Contratacións temporais (duración inicial mínima de 6 meses): A acción formativa será mínimo de 50 horas.

NOTA: a formación é para as personas traballadoras subvencionadas e impartirase dentro dos tres primeiros meses de contrato. A formación das contratacións anteriores o 8 de xaneiro de 2020 debe realizarse ata o 7 de abril de 2020.

BONO EMPREGO CON APOIO

Subvencionar os custos laborais e de Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.

Contía das axudas:

BONO CONTRATACIÓN

  • Contratacións indefinidas:  16.000 euros
  • Contratacións temporais a tempo completo:

-Duración mínima 3 meses:      2.000 euros

-Duración mínima 6 meses:      4.000 euros

-Duración mínima 12 meses:    8.000 euros

Tanto as contratacións indefinidas iniciais como as temporais se incrementarán un 25 % nas seguintes situacións:

-Se é unha muller.

-Se o centro de traballo está en concello rural.

-Se é emigrante retornada.

-Se é maior de 45 anos.

-Se é persoa trans.
           

Actividade da empresa pertence a sectores estratéxicos

Empresas de máis de 50 traballadores con taxa de estabilidade igual ou superior al 70 %.

Transformación de contratos temporais a tempo completo:           6.000 euros

Adaptación de posto ou dotación de equipacións de protección persoal para as contratacións indefinidas ou temporais: 1.000 euros.

 

BONO FORMACIÓN

  • Contratos indefinidos iniciais: 4.000 euros
  • Contratos temporais: 2.000 euros

 

BONO EMPREGO CON APOIO

Entre 8.500 euros e 3.500 euros dependendo da persoa destinataria do apoio.

Prazos:  Xeral 08/01/2020 ata 30/09/2020.

-Para as realizadas entre o 1/10/19 e o 7/01/2020, ata o 9/03/2020.

-Para as realizadas desde o 8/01/2020, ata o último día do segundo mes seguinte á contratación, transformación ou incremento.

Para máis información: EmpregaDiscapacidade e Exclusión

Descargar documentación