APEHL

Ampliación do prazo para solicitudes e renovacións do certificado Q de Calidade Turística

13.05.2020. Subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística, do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, ao abeiro do diposto na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola Covid-19. (código de procedemento TU970A). DOGA 13 de maio de 2020.

Debido a situación de estado de alarma na cal nos atopamos, a Xunta de Galicia amplía o prazo para a presentación de solicitudes nos procesos de certificación, seguimento e renovación para a obtención e mantemento da Q de Calidade Turística.

Os novos prazos para a presentación de solicitudes prolónganse desde o 14.02.2020 ata o 02.06.2020.

Máis información e sede de tramitación nesta páxina.