APEHL

IG300E - Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola covid-19

19.06.2020. Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada pola COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

  • Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de checkin/check-out.
  • Sistemas de control de aforamento: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
  • Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
  • Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
  • Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
  • Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
  • Sistemas de cartelería electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
  • Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalería (menús, cartas ...).
  • Sistemas de balizas.
  • Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
  • Adaptación da presenza en internet ao efecto da COVID-19, mediante elementos como bots de conversación autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
  • Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
  • Solucións de mellora da ciberseguridade.
  • De maneira excepcional, outros que poidan axudar á devandita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Máis información

Resolución

Descargar documentación