APEHL

BONO TURÍSTICO #QuedamosenGalicia

02/07/2020. Resolución do 30 de xuño de 2020 pola que se determinan as condicións de adhesión das empresas turísticas ao programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia.

Código de procedemento:TU985A

Que é o Bono Turístico?

É unha tarxeta prepago que se entregará ás persoas beneficiarias e cargarase dunha soa vez cun total de 250 €, tendo vixencia ata o o 13 de decembro de 2020. Poderase utilizar nos establecementos turísticos e axencias de viaxes, así como nos seus servizos asociados, que se adhiran ao programa.

A entidade adherida ao programa é Abanca Corporación Bancaria, S.A.

Como adherirse ao programa ?

1.  Presentación da solicitude de participación a través da sede electrónica da Xunta.

2. Rexistrarse na plataforma Turespazo, no caso de que non o estean, na seguinte ligazón turespazo.turismo          

Obrigacións dos solicitantes 

-      Cumprimento das medidas de prevención de riscos sanitarios e laborables establecidas pola autoridade sanitaria, laboral ou turística para a prevención de contagios derivados da covid-19.

-      Dispor dun TPV para a realización da transacción de compra do servizo ou actividade turística a través da tarxeta moedeiro Bono Turístico #QuedamosenGalicia.

-      Dispor dun desconto mínimo do 15 % sobre o prezo ordinario do servizo, ou un agasallo ou servizo complementario polo valor equivalente a devandito 15 %.

Para máis información > BONO TURÍSTICO

Descargar documentación