APEHL

Axudas do Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable

10/09/2020.RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II), anualidade 2020 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

Obxecto

  • Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas, será obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1.
  • Actuación 2: implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.
  • Actuación 3: implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
  • Actuación 4: implantación de medidas contidas en plans de transporte ao traballo en empresas.

A quen vai dirixido?

Actuacións 1 e 2:

  • Profesionais e autónomos
  • Persoas físicas
  • Comunidades de propietarios
  • Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W.
  • Sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional.

Actuacións 3 e 4:

  • Profesionais e autónomos
  • Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W.
  • Sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional.

Non serán beneficiarios destas axudas:

a) Empresas en crise segundo a definición do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

b) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivese declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Documentación para a presentación

  • As solicitudes presentaraas directamente o beneficiario ou a persoa que o represente, salvo cando se trate de axudas para:
    • Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas. Neste caso, a solicitude farase a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras excepto cando o solicitante sexa o sector público, que poderá solicitar directamente.
    • Actuación 2: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos. As solicitudes, salvo cando o beneficiario sexa o sector público que poderá solicitar directamente, faranse a través de empresas con actividade de instalación de baixa tensión que actuarán como entidades colaboradoras.

Prazo de presentación: aberto todo o ano

Descargar documentación