APEHL

PROGRAMA EMPREGA MULLER

 

TIPOS DE INCENTIVOS:    BONO CONTRATACIÓN E BONO FORMACIÓN

Beneficiarios:  Autónomos e empresas, de calquera forma xurídica con centro de traballo en Galicia, que contraten a mulleres desempregadas con un contrato indefinido ou temporal (duración inicial mínima de 12 meses), ambos a xornada completa, incluídos os fixo-discontinuos, que se formalicen desde o 1 de outubro de 2019 até o 30 de setembro de 2020.

Requisitos e obligacións:

BONO CONTRATACIÓN

  • Contratacións indefinidas: Incrementar o cadro de persoal fixo e neto respecto dos 3 meses anteriores á contratación. Manter a persoa contratada mínimo 2 anos e manter en cómputo anual o número de persoas fixas durante 2 anos.
  • Contratacións temporais: Incrementar o emprego neto respecto dos 3 meses anteriores á contratación. Manter a persoa contratada mínimo 12 meses.
  • Transformacións en indefinidos de contratos temporais: Incrementarse o persoal fixo da empresa respecto do tres meses anteriores. A nova xornada será a tempo completo. Manter a persoa contratada mínimo 2 anos e manter en cómputo anual o número de persoas fixas durante 2 anos.
  • Incrementos de xornada ata conseguir o 100 % nos contratos indefinidos a tempo parcial. Manter a nova xornada durante un período mínimo de 2 anos.

 

BONO FORMACIÓN

  • Contratacións indefinidas: A acción formativa será mínimo de 70 horas.
  • Contratacións temporais: A acción formativa será mínimo de 50 horas.


NOTA: a formación é para as persoas traballadoras subvencionadas e impartirase dentro do tres primeiros meses de contrato. A formación das contratacións anteriores ao 8 de xaneiro de 2020 ha de realizarse até o 7 de abril de 2020.

Contía das axudas:

BONO CONTRATACIÓN

  • Contratacións indefinidas: 12.000 euros
  • Contratacións temporais: 6.000 euros

Tanto as contratacións indefinidas iniciais como as temporais incrementaranse un 25% nas seguintes situacións:

-Se o centro de traballo está en concello rural.

-Se é emigrante retornada.

-Se é maior de 45 anos.

-Actividade da empresa pertence a sectores estratéxicos

-Empresas de máis de 50 traballadores con taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.

-Transformación de contratos temporais: 4.000 euros

-Incremento da xornada: 2.000 euros.

 

BONO FORMACIÓN

  • Contratos indefinidos iniciais: 4.000 euros
  • Contratos temporais: 2.000 euros

Prazos: Xeneral 08/01/2020 até 30/09/2020.

-Para as contratacións, transformacións e incrementos de xornada realizadas entre o 1/10/19 e o 7/01/2020, até o 9/03/2020.  

-Para as contratacións, transformacións e incrementos de xornada realizadas desde o 8/01/2020, ata o último día do segundo mes seguinte á contratación, transformación ou incremento.

 

Para máis información PROGRAMA EMPREGA MULLER

 

Descargar documentación