APEHL

Axudas para o pago do aluguer do ocio nocturno

27.10.2020. A Orde 26 de outubro de 2020 da Xunta de Galicia aproba as axudas para o pago de aluguer do lecer nocturno.

REQUISITOS

Artigo 2. Persoas beneficiarias

Os beneficiarios das axudas deben reunir os seguintes requisitos:

a) Que sexan titulares do aluguer dun establecemento de lecer nocturno que se en­contre pechado como consecuencia directa da aplicación da Orde da Consellería de Sanidade de 15 de agosto de 2020, con excepción da zona de terrazas conforme ao disposto na Orde da Consellería de Sanidade de 10 de setembro de 2020.

b) Que os seus contratos de aluguer estean en vigor desde o mes de xaneiro de 2020 e perma­nezan vixentes durante o ano posterior á data en que se permita a reapertura dos devanditos establecementos, co compromiso de mantemento da actividade durante o devandito prazo.

c) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada.

d) Non tratarse de empresas ou autónomos que estivesen en crises o 31 de decembro de 2019.

CONTÍA DA SUBVENCIÓN

Artigo 10. Contía da subvención

I. Importes de máis de 7.500 euros de aluguer mensual co límite máximo de 20.000 eu­ros de axuda por solicitude.

II. Importes entre 5.000 e 7.500 euros de aluguer mensual co límite máximo de 10.000 euros de axuda por solicitude.

III. Importes entre 2.500 e 5.000 euros de aluguer mensual co límite máximo de 5.000 euros de axuda por solicitude.

IV. Importes de menos de 2.500 euros de aluguer mensual co límite máximo de 2.500 euros de axuda por solicitude.

PRAZO

Un mes contado desde o día seguinte ao día da súa publicación.

Descargar documentación