APEHL

Préstamos IFI extraordinarios para pemes afectadas pola covid-19

20.11.2020. A resolución do 13 de novembro de 2020 dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que modifica as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020. DOG Núm.235

Código de procedemento: IG534C

  • Obxectivo:

Apoiar financeiramente ás pemes afectadas pola crise causada pola covid-19 que, coas medidas de apoio financeiro postas en marcha ata o momento polas administracións central e autonómica, non obtiveran financiamento suficiente para manter a súa capacidade de funcionamento.

  • Prazo:

O prazo de presentación comezará o 21.11.2020 e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que conforme ás solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario para a respectiva modalidade de préstamo.
b) O 30 de decembro de 2020.

  • Requisitos:

1 - Importe do préstamo:
O mínimo do/s préstamo/s por beneficiaria será de 3.000 euros e o máximo de 500.000 euros. A titular deberá solicitar a cantidade que estime necesaria para reforzar o seu capital de explotación, en coherencia coa memoria explicativa que deberá xuntar á solicitude.

2 - Prazos de amortización e de carencia:
O prazo de amortización será como máximo de 7 anos, incluíndo un máximo de 3 anos de carencia na amortización de principal.

Más información >> Préstamos IFI extraordinarios covid-19 

Descargar documentación