APEHL

IN417Y. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos

18.01.2021. DOGA N.º 10

Prazo de solicitude

Inicio: 20 de xaneiro de 2021 ás 9:00 h
Fin: 15 de outubro de 2021

Beneficiarios

As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos e industria. A efectos desta resolución considérase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I (HOSTELERÍA), J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009.

Período subvencionable

Considéranse actuacións subvencionables ls realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data límite para executar e xustificar a inversión será 15 de setembro de 2022.

Conceptos subvencionables

Proxectos de aforro e eficiencia no sector industrial ou servizos que xustifiquen un aforro enerxético do 20 % do consumo enerxético inicial (40 % para actuacións de iluminación e 5 % no caso de actuacións do proceso produtivo do sector industrial). Deben alcanzar un ratio de aforro enerxético anual de 0,4 kWh/€ de investimento elixible, que se reduce a 0,3 para medianas empresa e a 0,2 para pequenas.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros.
Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

Contía das axudas

A contía da subvención será do 35 % deo custo elixible da actuación.

Incrementarase un 20 % para as pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

Con carácter xeral a axuda máxima por proxecto ascende a 500.000 €, se ben podería chegar ata 1.000.000 € para proxectos que xustifiquen elevados niveis de aforro enerxético.

Para máis información: Subvencións de aforro e eficiencia enerxética

Descargar documentación