APEHL

PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE

 

TIPOS DE INCENTIVOS:    BONO CONTRATACIÓN E BONO FORMACIÓN

Beneficiarios: Autónomos e empresas, de calquera forma xurídica con centro de traballo en Galicia, que contraten a persoas desempregadas menores de 30 anos cun contrato indefinido ou temporal (duración inicial mínima de 12 meses), ambos a xornada completa, incluidos os fixo-discontinuos, que se formalicen desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.

Requisitos e obligacións:

BONO CONTRATACIÓN

  • Contratacións indefinidas: Incrementar o cadro de persoal fixo e neto respecto dos 3 meses anteriores á contratación. Manter a persoa contratada mínimo 2 anos e manter en cómputo anual o número de persoas fixas durante 2 anos.
  • Contratacións temporais: Incrementar o cadro de persoal neto respecto dos 3 meses anteriores á contratación. Manter a persoa contratada mínimo 12 meses.


BONO FORMACIÓN

  • Contratacións indefinidas: A acción formativa será mínimo de 70 horas.  
  • Contratacións temporais: A acción formativa será mínimo de 50 horas.

 

NOTA: a formación é para as persoas traballadoras subvencionadas e impartirase dentro do tres primeiros meses de contrato. A formación das contratacións anteriores ao 8 de xaneiro de 2020 ha de realizarse até o 7 de abril de 2020.

Contía das axudas:

BONO CONTRATACIÓN

  • Contratacións indefinidas:   6.000 euros
  • Contratacións temporales:   3.000 euros


En ambos os casos se incrementa un 25 % nas seguintes situacións:
-Actividade da empresa pertence a sectores estratéxicos

-Empresas de máis de 50 traballadores con taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.


BONO FORMACIÓN

  • Contratos indefinidos iniciais: 4.000 euros
  • Contratos temporais: 2.000 euros


Prazos: Xeral 08/01/2020 até 30/09/2020.

-Para as contratacións realizadas entre o 1/10/19 e o 7/01/2020, até o 9/03/2020.

-Para as contratacións realizadas desde o 8/01/2020, ata o último día do segundo mes seguinte á contratación.

Para máis información EmpregaXuventude


 

Descargar documentación