APEHL

Real Decreto de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia

BOE Nº62
Establécense catro eixos de actuación, ademais doutras medidas a considerar, que a continuación lles detallamos:
1. Liña de 7.000 millóns de euros para axudas directas a autónomos e empresas
    a. Contía: dotada con 7.000 millóns de euros, con dous compartimentos:

  • 5.000 millóns que se destinarán ao conxunto de comunidades autónomas, salvo Illas Baleares e Canarias.
  • 2.000 millóns de euros que se destinarán a Illas Baleares e Canarias, polo impacto diferencial sobre a súa economía de maior peso dos sectores máis afectados pola pandemia.

    b. A conceder polas comunidades autónomas.
    c. Criterios de elegibilidad e condicións:

  • As novas axudas establecidas terán carácter finalista e empregaranse para o pago de débedas contraídas polas empresas desde marzo de 2020, como pagos a provedores, subministracións, salarios, arrendamentos ou redución da débeda financeira.
  • Poderán beneficiarse autónomos e empresas viables que tivesen unha caída dos seus ingresos de polo menos o 30% en 2020 respecto ao ano anterior.
  • As axudas cubrirán até un 40% da caída adicional de ingresos das microempresas e autónomos (con até 10 empregados), e un 20% para o resto das empresas, cunha cantidade fixa de 3.000 euros para os autónomos que tributen en réxime de estimación obxectiva e un rango de entre 4.000 e 200.000 euros para o resto.

    d. Destinatarios: Poderán acceder a estas axudas todas as empresas e autónomos do sector da hostalaría e a restauración, os sectores con acceso aos ERTE ampliados establecidos no Real Decreto-lei 2/2021, e outros especialmente afectados pola pandemia, como as actividades da industria manufacturera relacionadas co comercio e a hostalaría; comercio por xunto e comerciante polo miúdo; sectores auxiliares ao transporte; mantemento aeronáutico, e actividades relacionas coa cultura e as actividades deportivas.


2. Axudas á reestruturación de débeda financeira COVID
  a. Reestruturación de débeda financeira con aval do Estado, dotada con 3.000 millóns de euros. Esténdese ata o 31 de decembro o prazo para solicitar préstamos con aval do ICO.
  b. Sobre a base da análise do cliente que faga a entidade financeira, poderanse acordar medidas para:

  • Estender por un período adicional o prazo de vencimiento dos préstamos con aval público.
  • Converter os préstamos con aval público en préstamos participativos.
  • Medida de último recurso neste ámbito, permítese a concesión de axudas directas para reducir o financiamento con aval público solicitada durante a pandemia.

  c. As axudas poderán destinarse ás empresas que cumpran os criterios de elexibilidade que se establecerán por un posterior Acordo de Consello de Ministros e dentro dun proceso de renegociación acordado polos clientes coas entidades financeiras, que asumirán a parte proporcional da redución do préstamo.

  d. Para a articulación destas medidas aprobarase un Código de Boas Prácticas, de adhesión voluntaria por parte das entidades financeiras e outros organismos, similar ao existente no ámbito hipotecario, cuxo obxectivo é favorecer unha actuación coordinada e eficiente dos bancos en apoio de empresas viables con problemas puntuais de solvencia.


3. Fondo de recapitalización de empresas medianas

  • Obxecto: Dirixido a reforzar os balances de empresas que eran viables en decembro de 2019, pero que se enfrontan a problemas de solvencia pola pandemia.
  • Dotación e xestión: fondo está dotado con 1.000 millóns de euros e será xestionado por Cofides, empresa con capital público-privado.
  • Instrumentos: As axudas realizaranse en forma de instrumentos financeiros, como préstamos ordinarios, préstamos participativos, capital ou outros a empresas que atravesen dificultades temporais e que non poidan acceder ás axudas do Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas, xestionado por SEPI, que ten un importe mínimo de achega de 25 millóns de euros.
Descargar documentación