APEHL

Axudas do Plan de apoio á hostalería no Concello de Riotorto

16.03.2021. BOP Nº 059

Prazo de solicitude
20 días naturais desde o día seguinte á publicacióin da convocatoria no BOP.

Beneficiarios
Poderán solicitar esta subvención as persoas físicas autónomas e persoas xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica legalmente constituídas, que leven a cabo as actividades de hostalería e restauración afectadas polo peche derivado da Orde da Consellería de Sanidade de 26 de xaneiro de 2021 (DOG nº 26-Bis, do 26 de xaneiro).

Requisitos
a) Que a actividade económica sexa desenvolvida por unha persoa traballador autónomo ou entidade.
b) Que a actividade que desenvolven se vise afectada polo peche de establecementos disposto na Orde da Consellería de Sanidade de 26 de xaneiro de 2021.
c) Que o domicilio fiscal e, no seu caso o local de desenvolvemento da actividade, se atopen no termo municipal de Riotorto.
d) Estar dado de alta no réxime da Seguridade Social e en Facenda no momento da presentación da instancia.
e) Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e en particular, non ter débedas coa Facenda estatal (AEAT) e con a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS). Este requisito debe cumprirse desde dátaa de presentación de a solicitude até a data do pago da subvención, no seu caso.
f) Non ter débeda algunha pendente co Concello de Riotorto.

Contía de axuda
Contía fixa de 1.200 euros.

Descargar documentación