APEHL

AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE LABORAL (TR357C), A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL (TR357D) E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (TR357B)

DOG núm. 16 de venres 24 de xaneiro de 2020


 

BENEFICIARIOS

Pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, que estean constituídas no momento de presentar a solicitude de axuda e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras á data de presentación.

Tamén poderán presentarse empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia que teñan un mínimo de 6 persoas traballadoras.

No caso da Liña I, Plans de igualdade, deberán contar cun mínimo de 10 persoas traballadoras.

Será necesario que as entidades teñan unha taxa de estabilidade de cando menos o 50 % desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de outubro de 2020

Non se concederá axuda á empresa que xa fosen beneficiarias desta axuda, polos mesmos conceptos, en anos anteriores. No entanto, para a liña III, non se concederá axudas a empresas que fosen beneficiarias pola cantidade máxima subvencionable, en convocatorias anteriores.

Na Liña II, sublínea 1 quedan excluídas as empresas do sector TIC

PROXECTOS SUBVENCIONABLES

LIÑA I. ELABORACIÓN E IMPLANTACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE (TR357C)

a) Dirixido a empresas que implanten de FORMA VOLUNTARIA un plan de igualdade (cando a empresa pácteo coa representación dos traballadores)

b) Dirixido a empresas que implanten, EN CUMPRIMENTO DA OBRIGA establecida en convenio colectivo de ámbito superior ao de empresa, un plan de igualdade e que se deberá acordar coa representación dos traballadores ou na súa falta coas persoas traballadoras.

Subvenciónanse:

  • Gastos de elaboración dun diagnóstico da realidade da empresa desde a perspectiva de xénero

  • Gastos derivados da elaboración dun plan de igualdade

  • Gastos derivados da primeira fase de implantación das medidas prioritarias previstas nun plan de igualdade

  • Gastos de contratación a xornada completa e como mínimo dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade.

LINEA II. CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL, FAMILIAR E PERSOAL (TR357D)

  • Sublínea 1. INCENTIVOS FOMENTO TELETRABAJO

Formalización dun acordo de teletraballo por un período non inferior a 2 anos cunha persoa vinculada á empresa con contrato laboral e xornada completa, cunha antigüidade de polo menos un ano.

Contratación ex novo persoal na modalidade de teletraballo a xornada completa e asinen coa persoa traballadora un acordo que regule esta situación por un período non inferior a 2 anos

  • Sublínea 2. INCENTIVOS FOMENTO DA FLEXIBILIDADE HORARIA

Establecemento de medidas de flexibilidade horaria tales como: sistemas de compensación de días e horas, xornada laboral continua ou semanal laboral comprimida, traballo a tempo parcial, permisos especiais en caso de emerxencias familiares e por un período non inferior a 2 anos. En caso de persoas traballadoras autónomas deberán acordalo con todo o persoal traballador por conta allea

  • Sublínea 3. SUBVENCIÓN PARA INVESTIMENTOS TENDENTES A GARANTIR E MELLORAR O DEREITO Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL

Subvenciónase a posta en marcha de medidas de conciliación tales como: habilitación de servizos de comedor, gardaría, lugares adaptados para o repouso de traballadoras embarazadas ou salas de lactación.

LIÑA III. CERTIFICACIÓN DE RSE (TR357B)

Subvenciónase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de RSE. Poderán ser: Empresa Familiarmente Responsable - EFR (Conciliación), Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Global Compact (Pacto Mundial); ISO 19600, SGE 21, Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente); ISO 45001 (seguridade e saúde laboral); SA8000, IQNet SR 10, BEQUAL (discapacidade), certificación empresa saudable, Selo Horarios Racionais (SHR).

Prazo de presentación de solicitudes

  • Ata o 24 de febreiro de 2020

Prazo de execución

  • Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2020

Contía da axuda

LINEA I. ELABORACIÓN E IMPLANTACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE (TR357C)

  • Proceso de diagnóstico previo: 80 % cun máximo de 3.000 € por empresa de até 20 traballadores e até 5.000 € en empresas nos demais supostos.

  • Elaboración plan de igualdade: 80 % cun máximo de 1.500 € por empresa de até 20 traballadores e até 3.000 € en empresas nos demais supostos.

  • Implantación de medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade: 80 % cun máximo de 1.000 € por empresa de até 20 traballadores e até 2.000 € en empresas nos demais supostos.

  • Contrato como mínimo de 1 ano dunha persoa experta en igualdade: 12.000 €

No caso de que a solicitude sexa para todas as fases a), b) e c) a axuda será de como máximo 5.500 € en empresas de até 20 traballadores e de 10.000 € para os demais supostos.

LIÑA II. CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL, FAMILIAR E PERSOAL (TR357D)

Sublínea 1. INCENTIVOS FOMENTO TELETRABAJO

  • 3.000 € por traballador co límite de 12.000 € por empresa. Pódese incrementar en 1.000 e se a taxa de ocupación feminina é igual á masculina

Sublínea 2. INCENTIVOS FOMENTO DA FLEXIBILIDADE HORARIA

  • 3.000 € por traballador co límite de 12.000 € por empresa. Pódese incrementar en 1.000 e se a taxa de ocupación feminina é igual á masculina

Sublínea 3. SUBVENCIÓN PARA INVESTIMENTOS TENDENTES A GARANTIR E MELLORAR O DEREITO Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL

  • 80 % do investimento, cun máximo de 10.000 € por empresa. Pódese incrementar nun 10% se a taxa de ocupación feminina é igual á masculina.

LIÑA III. CERTIFICACIÓN DE RSE (TR357B)

  • 80 % cun máximo de 3.000 € por empresa ou grupo de empresas.

Para máis información: DOG Nº16 de 24.01.2020

Descargar documentación