APEHL

Axudas para o impulso da actividade no Corgo

06/05/2021. BOP Nº 101

Prazo de solicitude
Un mes desde o día seguinte a publicación no BOP da convocatoria.

Beneficiarios
Autónomos así como as persoas xurídicas, comunidades de bens, sociedades civís, agrupacións de persoas
físicas ou xurídicas privadas ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvenión e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Actividade afectada pola orde de peche da Xunta de Galicia, Orde do 26 de xaneiro de 2021.
  • Estar dado de alta no censo de empresarios, profesionais e retedores, con anterioridade ao 25 de xaneiro de 2021.
  • Estar de alta no censo de actividades económicas no Corgo.
  • Ter xustificada calquera subvención que lle fose concedida con anterioridade polo Concello do Corgo, sempre que tivese finalizado o correspondente prazo de xustificación.
  • Non ter débedas coa AEAT, TGSS e co Concello do Corgo.

Contía da axuda
Contía fixa de seiscentos corenta e oito euros( 648 €)

Xustificación da axuda
A partir do cuarto mes desde a publicación dos beneficiarios no taboleiro de editos do Concello do Corgo:

  • Certificado actualizado de situación censal que indique a actividade económica coa súa data de alta, o domicilio fiscal e o local de desenvolvemento da actividade.
  • Certificación actualizada da alta no réxime correspondente da Seguridade Social correspondente da persoa física ou administradora actualizado á data de presentación da xustificación.
  • Informe de vida laboral da empresa expedido pola Tesourería xeral que abarque os 3 meses posteriores á concesión da subvención.

Solicitude

 

 

Descargar documentación