APEHL

Axudas do Concello de Trabada para o sector da restauración

25.06.2021. BOP N.º 143

Prazo de solicitude
Desde as 00:00 horas do día 26 de xuño ata as 23:29 horas do 31 de xullo de 2021.

Beneficiarios
Autónomos así como as persoas xurídicas, comunidades de bens, sociedades civís, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, legalmente constituídas, que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Actividade afectada pola orde de peche da Xunta de Galicia, Orde do 26 de xaneiro de 2021.
  • Estar dado de alta no RETA ou en calquer outro réxime especial e que sexa titular dunha acividade económica ou profesional relacionada co sector da restauración.
  • Estar de alta no censo de actividades económicas no Concello de Trabada
  • Ter xustificado calquera subvención que lle fose concedida con anterioridade polo Concello de Trabada, sempre que tivese finalizado o correspondente prazo de xustificación.
  • Non ter débedas coa AEAT, TGSS e co Concello de Trabada.

Contía da axuda
Contía fixa de  3.500 euros.

 

Descargar documentación