APEHL

Axudas do Concello do Vicedo para facer fronte aos efectos provocados pola pandemia

30.06.2021. BOP Nº 147

Prazo de solicitude
30 días naturais desde o día seguinte á súa publicación, polo que remata o 30 de xullo de 2021.

Beneficiarios
Persoas físicas ou xurídicas, que sendo autónomos ou microempresas e desenvolvan a súa actividade no termo municipal do Vicedo, cumpran os seguintes requisitos:

• Ter a actividade no Concello do Vicedo ou o domicilio fiscal.
• Non ter débedas coa AEAT, TGSS e co Concello do Vicedo.
• Para as axudas Tipo I: Actividade afectada por algún dos peches establecidos na correspondiente normativa, RD de 14 de marzo , e sucesivos.
• Para as axudas Tipo II: Con actividade anterior o 14 de marzo de 2020, data na que entra en vigor o RD463/2020, 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma.

Contía da axuda
Ata 1.000 euros

 

Descargar documentación