APEHL

IN421S. Subvención de proxectos de enerxía fotovoltaica 2021-2022 (Feder-Galicia 2014-2020 IN4215)

DOG nº. 128 do 07.07.2021.

A selección dos proxectos que recibirán axuda realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión de axudas.

Beneficiarios
a) As entidades locais de Galicia e as entidades delas dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) As empresas legalmente constituídas e os autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Dotación orzamentaria

Beneficiarios Anualidade_2021 Anualidade_2022 Aplicación orzamentaria
Empresas 3.300.000 € 875.000 € 06.A3.733A.770.7
Administración local 100.000 € 100.000 € 06.A3.733A.760.8
Entidades sen ánimo de lucro 100.000 € 25.000 € 06.A3.733A.781.7
Total 3.500.000 € 1.000.000 € 4.500.000 €

Período de actuacións subvencionables
Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data límite para executar e justificar o investimento será o 15 de xullo de 2022.

Presentación de solicitudes
Inicio: 16 de xullo de 2021 ás 9:00 horas.
Fin: 1 de decembro de 2021 (incluído).
Só se admitirá a tramitación electrónica, na plataforma que se poderá atopar na web do INEGA.

Documentación mínima necesaria para a tramitación da solicitude
Ademais de cubrir o correspondente formulario cos datos e identificación do solicitante e xenerais da actuación (anexo I de solicitude), deberase achegar a través da aplicación a seguinte documentación mínima:
- Anexo II, poder de representación da persoa que presenta a solicitude, cando cumpra.
- Tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.
- Memoria técnica da actuación, segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).

Proxectos que se subvencionan
Para garantir o correcto funcionamento da aplicación, cumprirase o Regulamento electrotécnico de baixa tensión (REBT), e o de alta tensión se fose o caso. Establécese un rendemento mínimo do panel fotovoltaico do 17% para que o proxecto sexa subvencionable.
A potencia máxima dos paneis fotovoltaicos será de 100 kWp.
O investimento máximo por potencia unitaria estará limitada a 840 €/ kWp sen IVE, que poderá incrementarse ata os 1100 €/ kWp, no caso de que se instale un sistema de baterías de litio cunha capacidade de acumulación igual ou superior á potencia pico da instalación.

Intensidade da axuda e cantidade máxima
A intensidade máxima da axuda, segundo o tipo de beneficiario será:

Beneficiarios                                               Porcentaxe máxima de axuda
Entidades locais 80 %
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade
económica)
80 %

Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen
ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de
pequenas empresas a axuda incrementarase en 10 puntos
porcentuais e no caso de medianas empresas, en 5 puntos
porcentuais.

20 %

Máis información
No teléfono 981 541 500

 

Descargar documentación