APEHL

TR807I. Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación

21.07.2021. TR807I

Obxecto
1. Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.
2. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Tipos de axuda 
O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Persoas beneficiarias
As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas,
comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais.

Requisitos
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas,
calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens,
sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as
condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran,
na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotores non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotores e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
2. Poderán ser beneficiarias as persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Prazo de presentación
21.07.2021 - 20.08.2021

Documentación para a presentación
Documentación complementaria
1. As solicitudes, unha por cada tipo de axuda, deberanse presentar no formulario normalizado (anexo I) que figura como anexo numérico desta orde, unha para cada axuda solicitada, e deberán ir acompañadas da documentación, común e específica, que se relaciona.
2. As solicitudes de axudas deberán ir acompañadas da seguinte documentación xeral para todas as axudas:
a) Se é o caso, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude, para actuar en nome da entidade.
b) Escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil, de ser o caso.
c) Alta no censo de obrigados tributarios na Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).
d) Memoria económica e descritiva do proxecto empresarial, asinada pola persoa solicitante, que deberá conter os datos de identificación e descrición da actividade, o número de empregos creados e que estea previsto crear, os aspectos técnicos de produción e comercialización, o orzamento de investimento, o plan de financiamento que acredite a viabilidade da iniciativa empresarial, as medidas de seguridade e saúde laboral e de prevención de riscos e a adecuación en materia de protección do ambiente segundo a localización e a actividade empresarial (segundo o modelo do anexo II).
e) Listaxe asinada, unha para cada axuda solicitada, coa relación dos investimentos e gastos, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas en firme ou proforma, orzamentos e demais documentos xustificativos do investimento realizado ou que se vai realizar e da axuda solicitada, segundo o modelo do anexo III desta orde.
Esta listaxe non será necesario presentala coa solicitude de subvención á xeración de emprego estable.
f) Documentos que acrediten a pertenza aos colectivos polos cales se solicita a subvención, certificación da concorrencia das circunstancias que determinen a pertenza aos colectivos en risco ou situación de exclusión social, ou certificado de discapacidade nos casos de recoñecemento fóra de Galicia ou que se opuxese á súa consulta no anexo I ou VI, segundo corresponda.
g) Anexo VI, no caso de consulta de datos da persoa traballadora ou de membros da unidade familiar
3. Documentación específica
a) Subvención á xeración de emprego estable:
– Declaración do número de empregos estables de carácter indefinido ocupados por colectivos beneficiarios e relación nominal deles, con indicación da data de incorporación efectiva, onde se fagan constar os custos salariais de dúas anualidades de cada persoa traballadora por conta allea pola cal se solicita subvención, segundo modelo anexo IV desta orde.
– Documentos acreditativos da incorporación efectiva con carácter indefinido e altas no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda.
– Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.
– Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.
– No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de trans e opten polo incremento do 25 %, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.
b) Subvención para a formación:
– Memoria descritiva do curso ou actividade de formación solicitada en que consten, entre outros, a xustificación da súa necesidade para o desenvolvemento da súa función xerencial ou a relación directa coa actividade económica en que estea de alta a empresa.
– Certificación da entidade formadora en que consten, entre outros, os seguintes aspectos:
1º. Nome do curso/actividade.
2º. Lugar e datas de realización.
3º. Módulos que se van impartir e distribución temporal (número de horas).
4º. Prazo de inscrición.
5º. Número de prazas.
– Solicitude de inscrición ou matrícula no curso/actividade.
– No caso de estar realizando o curso, facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento; de non ser así, factura proforma.
c) Subvención para o inicio de actividade:
– Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polos provedores e acredores dos gastos necesarios para o inicio da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.
– Declaración do número de empregos estables creados ou que se crearán ata o 31 de xullo de 2021 e relación nominal das persoas que os vaian ocupar, con indicación daquelas polas cales se solicita a subvención, segundo o modelo anexo IV.
– Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.
– Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.
– No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de trans e opten polo incremento do 25 %, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
– Libro de familia co nome das persoas titulares da familia e dos fillos e fillas menores de tres anos e nome e apelidos do cónxuxe. De ser o caso, documentos acreditativos do carácter monoparental da familia. No caso de axuda por dependencia ou discapacidade, certificación da acreditación do grao de parentesco e acreditación do empadroamento no mesmo enderezo.
– Documento acreditativo do custo da mensualidade da gardaría ou do centro especializado ou cuidador/ra no caso de discapacidade ou dependencia.
– Facturas e, no caso de estaren efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, das mensualidades xa aboadas na data da solicitude.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consultas ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Comprobación de datos 
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) Vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos.
c) Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego.
d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.
f) Certificado de empadroamento da persoa solicitante.
g) Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia.
h) NIF da entidade solicitante.
i) Alta no imposto de actividades económicas.
j) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario que corresponda e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Consultarase ademais os seguintes datos das persoas traballadoras ou do cónxuxe da persoa autónoma, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente, o que deberán indicar no cadro sinalado no anexo VI , no caso da axuda de conciliación:
a) DNI ou NIE.
b) Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego.
c) Consulta de vida laboral.
d) Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, de ser o caso.
e) Certificado de empadroamento.

 

Descargar documentación