APEHL

TU503E. Investimento en equipamentos postcovid dos establecementos hostaleiros

06.10.2021. DOG Nº 193

Prazo de presentación
Ata o 08.11.2021 ou ata fin de crédito orzamentario.

Por réxime de concorrencia non competitiva.

Obxecto
Contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros mediante a realización de investimentos en equipamentos postcovid.

Beneficiarios
Microempresas, pequenas e medianas empresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) do sector da hostalería que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, e estean inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT). 

Aos efectos destas axudas considéranse dentro do sector da hostalería os hoteis, hostais, casas rurais, albergues turísticos e outros tipos de aloxamentos, ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración, recollidos nos capítulos IV e V da Lei 7/2011, de 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Actuacións subvencionables
Considéranse gastos subvencionables aqueles nos que incorrese a entidade solicitante desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes:

  • Sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización e softwares de control asociados.
  • Sistemas de chekin-in automáticos.
  • Carteleira, rotulación, sinalización e actuacións vinculadas coa mesma.     
  • Equipamento, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia (medidores de CO2, ionizadores, dispensadores etc.).
  • Reformas orientadas á creación de espazos que suxiran maior amplitude (cores claras, incorporación de espellos etc.).
  • Envoltorios e material dun só uso. O total de gastos destinados a este concepto non poderá superar o 10 % dos gastos totais subvencionables.
  • Procesos de desinfección e desinfección recorrente realizados por empresas externas con motivo da COVID, que non teñan a consideración de gastos de limpeza común.
  • Novo equipamento de hixienizado e lavado.
  • Novo equipamento para novos produtos, presentacións ou métodos de conservación.                                 
  • Equipamento multiservicio.

Contía da axuda
O importe máximo da subvención, será o 90 % do investimento, cun máximo de 50.000 euros por beneficiario.

Descargar documentación