APEHL

Axudas para o sector da hostalería no concello de Cospeito para paliar os efectos da covid-19

23.10.2021. BOP N.º 244

Prazo de solicitude
Ata o 08.11.2021

Beneficiarios
Persoas, físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou ben, outras entidades económicas sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que se trate dunha actividade empresarial, excepto aquelas actividades incluídas no epígrafe CNAE 9200.
Actividades de xogos de azar e apostas.
b) Que a actividade sexa desenvolvida por unha persoa física (traballador/a autónomo/a), ou unha
microempresa ou pequena empresa.
Terán a consideración de persoas traballadoras autónomas beneficiarias aquelas que tributen mediante o
sistema de módulos ou ben as que tributando en estimación directa non superen un millón de euros de
importe neto de cifra de negocio anual no ano 2020, según a declaración de IVE anual modelo 390. En caso
de estar exento de IVE, según declaración do trimestre do ano 2020.
c) Que a actividade tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 30%, no ano 2020 con respecto do
ano 2019.

Gastos subvencionables
Todos os gastos efectivamente realizados dende o 14 de marzo de 2020 ata a data de finalización do prazo de presentación desta axuda. Polo tanto, o período de imputación de gastos a esta subvención será dende o 14 de marzo de 2020 ata a data límite outorgada polo Concello de Cospeito.

  • Gastos de alugueiro (bens mobles e inmobles)
  • Gastos de alugueiro de maquinaria e/ou vehículos.
  • Gastos financeiros directamente relacionados coa actividade.
  • Servizos profesionais independentes; xestoría, asesoría e consultaría.
  • Gastos de subministro de auga, luz, gas e teléfono.
  • Primas seguras; seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Vinculados co exercicio da actividade económica.
  • Mantemento de comunicacións: teléfono, internet, correos, mensaxería.
  • Compra de mercadorías relacionadas coa actividade.

 

Descargar documentación