APEHL

Axudas para o sector da hostalería no concello de Vilalba para paliar os efectos da covid-19

28.10.2021. BOP N.º 248

Prazo de solicitude
Ata o 17.11.2021

Beneficiarios
- Poderán solicitar esta subvención aqueles autónomos ou empresas que leven a cabo as actividades
empresariais que motivan a concesión da subvención, recollidas no artigo 3 da presente orde (relacionadas no
anexo I), e que cumpran os seguintes requisitos:
a. Que a actividade que desenvolven se vira afectado polo peche de establecementos disposto polo RD
465/2020, do 17 de marzo (que modifica o artigo 10 do RD 463/2020, do 14 de marzo), e/ou posteriores peches
decretados polo goberno ou pola Xunta de Galicia.
b. Que a facturación anual non supere 500.000 euros con caráter xeral. Exceptúanse desta limitación as
empresas do sector hostaleiro (epígrafe 67) sempre que teña máis de dez traballadores/as, podendo a
facturación superar os 500.000 €.
b. No caso de autónomos/as, estar afiliado como autónomo e coa alta en vigor na data da declaración do
estado de alarma. (14 de marzo de 2020), ou coa alta como mínimo, 8 meses despois da data da declaración
do estado de alarma (14 de novembro do 2020), e sempre que estén coa alta en vigor na data de publicación
desta convocatoria. Tamén teran dereito a esta axuda as personas físícas que teñan unha incapacidade
permanente total que sigan mantendo a sua actividade e con empregados por conta allea.
c. Que teñan o seu domicilio fiscal da actividade no municipio de Vilalba, e radique no mesmo o centro de
traballo afectado.

Importes da axuda
-O importe da subvención para conceder serán en función dos seguintes epígrafes:
a) EPÍGRAFE 65, 721.2: A subvención será de 850 euros.
b) EPÍGRAFE 67, 68, 967, 972: Establécese un importe de 1.300 euros.
c) EPÍGRAFE 981.2, 039: A subvención será de 2.000 euros.
d) No caso de empresas do sector hostaleiro (epígrafe 67) de ter máis de dez traballadores/as, a axuda será
de 5.000 euros. Igualmente, neste caso a facturación poderá superar os 500.000 €.
e) OCIO NOCTURNO: Establécese un importe de 5.000 €.

Descargar documentación