APEHL

TR342C. Programa I: Incentivos á contratación por conta allea e á formación

31.01.2022.

Obxecto
A contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 sobre o mercado de traballo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Programa I: Incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C).
Este programa ten, pola súa vez, dúas liñas: unha de incentivos á contratación por conta allea e outra de incentivos ás accións formativas no centro de traballo:

– Liña de incentivos á contratación por conta allea.

Inclúe catro tipos de axudas compatibles entre si, sempre que a persoa traballadora pola que se solicitan os incentivos non sexa a mesma:
1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
4. Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

– Liña de incentivos ás accións formativas no cento de traballo (opcional).

Está dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio desta orde de convocatoria, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Ámbito de aplicación e accións subvencionables
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación:
1. Ás contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade de fixo-descontinuo, realizadas desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambas datas inclusive, con persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, segundo o establecido no artigo 5 desta orde de convocatoria.
2. Ás contratacións temporais que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambas datas inclusive, con persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, segundo o establecido no artigo 5 desta orde de convocatoria.
Quedan excluídos os contratos para a formación e aprendizaxe.
3. Ás transformacións de contratos temporais en indefinidos, incluídos os fixos-descontinuos, que se formalicen desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambas datas inclusive, realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente con anterioridade á entrada en vigor desta orde de convocatoria. Esta limitación temporal non será de aplicación cando se trate de transformación en indefinidos de contratos temporais formativos (contrato en prácticas e contrato para a formación e aprendizaxe), de remuda ou de sustitución por anticipación da idade de xubilación.
4. Aos incrementos de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, sempre que se acade o 100 % da xornada ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.

A quen vai dirixido?
1. As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro.
2. Os centros especiais de emprego.
3. As empresas do mercado ordinario de traballo.

Requisitos
A contratación pola que se solicita subvención, para poder ser incentivada, ten que cumprir os seguintes requisitos:
1. As contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade dos contratos fixos-descontinuos, de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ser cunha xornada a tempo completo.
As contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade de fixos-descontinuos, de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.
2. As contratacións temporais de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ter unha duración inicial mínima de doce meses.
As contratacións temporais de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ter unha duración inicial mínima de tres meses.
Respecto da xornada, as contratacións temporais de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ser a tempo completo.
As contratacións temporais de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.
Quedan excluídos os contratos para a formación e a aprendizaxe.
3. Nas transformacións de contratos temporais en indefinidos (incluída a modalidade dos contratos fixos-descontinuos) realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, o contrato temporal obxecto de transformación deberá estar vixente con anterioridade á entrada en vigor desta orde de convocatoria.
Esta limitación temporal non será de aplicación cando se trate de transformación en indefinidos de contratos formativos (contrato en prácticas e contrato para a formación e a aprendizaxe), de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación.
Respecto da xornada, nas transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas con persoas mozas e mulleres, ambos os contratos (o temporal que se transforma e o indefinido) deberán ser a tempo completo.
As transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial, sempre que a xornada do contrato indefinido sexa, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.
Nas transformacións de contratos temporais en contratos indefinidos fixos-descontinuos realizadas con persoas mozas e mulleres, ambos contratos (o temporal que se transforma e o indefinido fixo-descontinuo) deberán ser a tempo completo.
As transformacións de contratos temporais en contratos indefinidos fixos-descontinuos realizadas con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial, sempre que a xornada do contrato indefinido fixo-descontinuo sexa, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.
Incentivarase a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que non transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais subscitas sen ruptura de continuidade.
No suposto de que a transformación se produza con anterioridade á duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado reducindo, na mesma contía, o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.
4. Os incrementos de xornada, nas contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, serán subvencionables ata acadar o 100 % da xornada ordinaria ou da establecida no convenio colectivo de aplicación.

 

Descargar documentación