APEHL

TU970A. Subvencións para obter e/ou manter a marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE)

18.05.2022. Subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Código de procedemento TU970A.

DOG Nº 90 de 10 de maio de 2022

Gastos subvencionables

Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2022 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022. Concretamente, serán subvencionables:

  • Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación correspondente ao ano 2022.

Tamén serán obxecto das axudas os gastos de auditoría externa derivados dos aprazamentos dos procesos de seguimento e/ou renovación correspondentes ao ano 2021, que se realicen en 2022, sempre e cando fosen aprobados polo ICTE e cuxa data de facturación se produza en 2022. As contías das axudas dos procesos de aprazamentos terán unha intensidade do 30 %.

Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior, quedando excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así como aqueles gastos nos que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría externa realizada no ano 2022.

  • Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2022, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

Serán obxecto destas axudas, os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, así como os dereitos de uso de marca S de “Sustentabilidade Turística” do ICTE (referenciais UNE-ISO 21401:2019 ou ESP 33 AUD 21, segundo a tipoloxía da entidade solicitante), para aquelas entidades que conten previamente e/ou ao mesmo tempo da certificación Q de Calidade Turística, baixo a norma de calidade específica para o sector que corresponda a entidade solicitante.

Poderá subcontratarse a actividade obxecto da subvención nun 100 %, de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Beneficiarios

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:

Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

Prazo de presentación

Ata o 10.06.2022.

Porcentaxe subvencionable e importe máximo subvencionable

1. A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase en base a puntuación que alcancen os proxectos presentados, segundo se detalla a continuación:

Puntuación % axuda
51-100 puntos 70 %
31-50 puntos 65 %
0-30 puntos 60 %

2. Para o caso dos custos de auditoría externa derivados dos aprazamentos dos procesos de seguimento e/ou renovación correspondente ao ano 2021, a contía da axuda terá unha intensidade do 30 %.

3. En calquera caso, as subvencións concedidas non poderán superar os seguintes límites máximos:

  • 2.000 euros para os procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q e de 1.000 euros para procesos de seguimento.
  • Para as solicitudes cuxa auditoría externa se realice mediante a modalidade multi-site, o importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 3.000 euros para procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q e de 2.000 euros para procesos de seguimento.
Descargar documentación