APEHL

TU503E. Investimento en equipamentos financiado ao 100 % no marco do Eixe REACT-UE

DOG Nº 125 de 1 de xullo de 2022. Axudas en concorrencia competitiva.

A QUEN VAI DIRIXIDO?
• Microempresas, pequenas e medianas empresas, incluíndo autónomos, con
domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.
• Empresas do sector hostalería.
Para os efectos destas axudas considéranse dentro do sector da hostalería os hoteis, hostais, casas rurais, albergues turísticos e outros tipos de aloxamentos, ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración, recollidos nos capítulos IV e V da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia. Quedan expresamente excluídas as vivendas de uso turístico reguladas no Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.
• As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia- REAT

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
 Sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización e softwares de control asociados.
 Sistemas de check-in automáticos.
 Carteleira, rotulación, sinalización e actuacións vinculadas con ela.
 Equipamento, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia (medidores de CO2, ionizadores, dispensadores, etc.).
 Reformas orientadas á creación de espazos que suxiran maior amplitude (cores claras, incorporación de espellos, etc.).
 Envoltorios e material dun só uso. O total de gastos destinados a este concepto non poderá superar o 10 % dos gastos totais subvencionables.
 Procesos de desinfección e desinfección recorrente realizados por empresas externas con motivo da COVID, que non teñan a consideración de gastos de limpeza ordinaria.
 Novo equipamento de hixienizado e lavado.
 Novo equipamento para novos produtos, presentacións ou métodos de conservación.
 Equipamento multiservizo.

CONTÍA DAS AXUDAS
 O importe máximo de subvención será do 90 % do investimento, cun máximo de 50.000 euros por beneficiario.

PERÍODO DE EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS
Son actuacións subvencionables aquelas desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro
de 2022.

SOLICITUDE E PRAZO
Dende 02 de xullo al 01 de agosto del 2022.

Descargar documentación