APEHL

TR770A. Programa Muller 2022

DOG Núm.126 de 4 de xullo de 2022.

Estas axudas incentivan a contratación de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.
Os incentivos serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo que se celebren desde o 1 de xaneiro de 2022 e ata o 30 de setembro de 2022 con mulleres desempregadas.

ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións as persoas empregadoras e as empresas, calquera sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as cooperativas e as sociedades laborais, que contraten por conta allea mulleres desempregadas, inscritas como demandantes de emprego, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONTÍA DAS AXUDAS
As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 6.000 euros por cada muller desempregada contratada.

No caso de contratacións indefinidas iniciais na modalidade de fixos-descontinuos dun mínimo de 9 meses de duración, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.

REQUISITOS DA CONTRATACIÓN
A contratación realizada coa muller desempregada pola que se solicita a subvención deberá ser indefinida inicial, incluída a modalidade de fixos-descontinuos dun mínimo de 9 meses de duración, e cunha xornada a tempo completo. Ademais, as contratacións polas que se solicita subvención deberán estar comunicadas, a través da aplicación Contrat@ á oficina pública de emprego que corresponda, no momento da solicitude.

SOLICITUDE E PRAZO
Dende o 5 de xullo ata o 30 de setembro de 2022.

Descargar documentación