14.05.2020. A iniciativa Autónomos Dixitais forma parte das medidas que se están deseñando dentro do Plan de reactivación económica.
O programa ofrecerá dúas accións formativas on-line de 50 horas lectivas cada unha centradas na mellora de habilidades no eido da xestión loxística, o márketing, a venda on-line e a creación de tendas virtuais. En concreto, fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e especialista en e-commerce.
O prazo de matrícula está aberto ata o 22 de xullo ...
14.05.2020. O Plan de teleformación para o sector turístico posto en marcha pola Xunta de Galicia é unha das medidas autonómicas, dentro do Plan de reactivación do sector, fronte aos efectos derivados da Covid-19.
Este plan continúa durante o mes de maio coa seguinte formación :
- Curso de lingua inglesa para Turismo Internacional.
- Curso de lingua inglesa para Atención ao público.
- Mesa debate on-line “Introdución a Axenda 2030, obxectivos e implantación nas empresas turísticas”. ...
23.04.2020
Tipos de apoio
En función da situación da débeda que se vaia novar, as operacións revestirán as seguintes modalidades:
1. Novación modificativa e, se for o caso, extintiva, de préstamos en vigor, para axustar o calendario de reintegro á capacidade de reembolso do titular. En todo o non modificado na novación mantense vixente o establecido no contrato inicial de préstamo.
2. Novación extintiva de préstamos vencidos, ou das cotas ou cantidades impagadas de préstamos en vigor. Poderán formalizarse tanto ...
11.04.2020. Resolución de 10 de abril de 2020, da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros de 10 de abril de 2020, polo que se instrúe ao Instituto de Crédito Oficial a pór en marcha o segundo tramo da liña de avais aprobada polo Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, e se establece que os seus beneficiarios sexan as pequenas e medianas empresas e autónomos afectados as consecuencias económicas do COVID-19.
01.04.2020. O prazo de presentación comeza o 02/04/2020
Finalidade
Favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as pemes e autónomos cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote de COVID-19.
Tipos de apoio
O Igape reavalará ata un máximo do 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas.
O Igape subvencionará a fondo perdido un importe equivalente á suma dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta liña de financiamento.
Beneficiarios ...
30.03.2020. O Consello de Ministros, na súa reunión do día 24 de marzo de 2020, adoptou un Acordo polo que se aproban as características do primeiro tramo da liña de avais do ICO para empresas e autónomos, para paliar os efectos económicos do COVID-19.
Descrición
Para facilitar o mantemento do emprego e paliar os efectos económicos do COVID-19, a liña de avais ten por obxectivo cubrir os novos préstamos e outras modalidades de financiamento e as renovacións concedidas por entidades ...
Para quen?
Autónomos e empresas con domicilio social en España que formalicen operacións na Liña ICO Empresas e Emprendedores, cuxa actividade estea dentro dun CNAE do sector turístico e actividades conexas segundo a relación de CNAE publicada.
As empresas e autónomos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Bono apoio: concederáselles unha axuda de 6.000 euros ás persoas que estivesen inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA).
b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 6.000 euros para realizar un mínimo de 70 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, mercadotecnia dixital ou sobre materias ...
Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento no prazo do quince días seguintes á súa finalización, contraten unha persoa traballadora por conta allea para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.