APEHL

A APEHL pon en marcha o congreso
…E para comer, Lugo no Camiño

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará o vindeiro 8 de febreiro de 2020 o congreso …E para comer, Lugo no Camiño, que se centrará na cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. O encontró terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).

O programa contará coas seguintes actividades:

09:45 h - 10:00 h Recepción e entrega de acreditacións
10:00 h - 10:30 h Demostración e degustación de cafés: O café, a enerxía do Peregrino, a cargo de José Manuel Portela, de Candelas
10:30 h - 10:45 h Presentación do acto
10:45 h - 11:30 h Charla de David de Jorge, de Robin Food
11:30 h - 12:30 h Mesa debate sobre a cultura gastronómica no Camiño de Santiago e a súa influencia no turismo
12:30 h - 14:00 h Demostracións e elaboracións  de receitas do Camiño a 8 mans. Cociñeiros da nosa provincia elaborarán tapas típicas dos distintos Camiños.
17:00 h - 19:00 h Taller de catas O Camiño de Santiago en viños, impartido por Xoan Cannas

En paralelo a celebración do Congreso realizarase un taller de cociña para nenos.

XORNADAS …E PARA COMER, LUGO

Como introdución ao Congreso, terán lugar as Xornadas …E para comer, Lugo no Camiño. Todos os establecementos asociados que queiran poderán realizar pratos, tapas e racións con receitas tradicionais da nosa gastronomía relacionadas co Camiño, como bertóns recheos, caldo galego, sopa de cabazote, caldo de castañas, empanadas, polvo, lamprea, lacón con grelos, filloas… Recibirán o nome específico de Menú …E para comer, Lugo no Camiño, Tapa …E para comer, Lugo no Camiño ou Ración …E para comer, Lugo no Camiño.

Aqueles que queiran participar nesta iniciativa débense inscribir antes do vindeiro 31 de decembro.


COMO RESERVAR A MIÑA PRAZA NAS XORNADAS …E PARA COMER, LUGO?


1 Descarga a ficha de inscripción en pdf:

2 Imprime o pdf, cumprimentao, firmao e escaneao.
3 Fainos chegar o documento escaneado mediante este formulario:


COMO RESERVAR A MIÑA PRAZA NO TALLER DE CATAS?

*As prazas para o taller de catas xa se completaron. De todas formas podes enviar a túa inscrición e rexistrarase como reserva.


1 Descarga a ficha de inscripción en pdf:

2 Imprime o pdf, cumprimentao, firmao e escaneao.
3 Fainos chegar o documento escaneado mediante este formulario:


COMO RESERVAR A MIÑA PRAZA NO TALLER DE COCIÑA PARA NENOS?


1 Descarga a ficha de inscripción en pdf:

2 Imprime o pdf, cumprimentao, firmao e escaneao.
3 Fainos chegar o documento escaneado mediante este formulario:


COMO RESERVAR A MIÑA PRAZA NO CONGRESO?


1 Descarga a ficha de inscripción en pdf:

2 Imprime o pdf, cumprimentao, firmao e escaneao.
3 Fainos chegar o documento escaneado mediante este formulario:


Toda esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado desde a Xunta de Galicia.

Para máis información contacta coa Asociación no 982 22 69 12.





Descargar programa en PDF