APEHL

"A Cociña de Culler de Pau" por Javier Olleros


curso

A empresa DICÓN Formación organiza o curso "La Cocina de Culler de Pau", que será impartido por Javier Olleros este venres no hotel Torre de Núñez de Lugo.

Obxectivos

Utilización e aproveitamento dos recursos naturais, produtos de proximidade e de tempada. As preelaboraciones das materias primas. As técnicas de cocción, mariñados, encurtidos, curados e fermentados, a montaxe e empratado.

 

Contidos

Traballaranse os peixes , mariscos, algas, plantas, herbas silvestres e verduras.

A súa preelaboración, limpeza, despiezado e as súas técnicas de cociñado.

 

Esquema do curso

O curso desenvolverase en dúas partes:

  • Unha parte presencial de 5 horas impartida por Javier Olleros e o seu equipo, onde realizarán entre 10 e 12 pratos do seu receitario.
  • Unha parte online, na que se recollerá toda a información dada na parte teórica, ampliando os conceptos, documentada con fotografías.

Curso bonificable por FUNDAE

Este curso cumpre os requisitos para bonificarse a través de Fundación Estatal para la Formación en el Empleo (FUNDAE), que consiste en que as empresas, por cotizar en concepto de Formación Profesional á Seguridade Social, xeran un crédito ao seu favor fronte á Administración, para financiar as accións formativas que consideren oportunas e demanden para os seus traballadores que coticen polo réxime xeral da Seguridade Social.

UNHA VEZ FINALIZADA A PARTE PRÁCTICA, SERÁ IMPRESCINDIBLE CONECTARSE Á PARTE ONLINE PARA DAR POR FINALIZADO O CURSO NA SÚA TOTALIDADE, onde poderán visualizar o temario, descargar fotos e vídeos da parte práctica e estar en contacto co profesorado para resolver calquera dúbida.

Datos da formación

Lugar: Hotel Torre de Núñez, Lugo

Data: 22 de febreiro

Horario: 16:30 a 21:30

 

Datos de contacto

Cristina Miranda Lameiro

Email: cristina@diconformacion.com

Teléfono: 881 247 014 · 619 352 508

 



ou Voltar ós cursos