APEHL

Queres atopar un emprego? Infórmate


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria, vai levar a cabo un ano máis un Programa Integrado de Emprego, no que vai ter contacto con máis de 100 persoas demandantes de emprego e co que buscará un 45 % como mínimo de insercións.

O programa desenvolve as seguintes accións:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en idiomas, competencias dixitais para o emprego, prevención de riscos, relacións laborais, habilidades sociais e intelixencia emocional.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego:
    - Certificado de profesionalidade en Operacións Básicas de Restaurante e Bar.
    - Curso de Axudante de Cociña 
    - Camareira/o de pisos
i) Prácticas profesionais non laborais en empresas.
j) Talleres sobre mobilidade laboral.
k) Medidas innovadoras tecnolóxicas.
l) Medidas de conciliación da vida familiar e laboral: Servizo de coidado e atención de persoas dependentes tanto nenos como maiores .
m) Beca 5 € por día de asistencia ás accións.

Poderás participar neste proxecto se formas parte destes colectivos:
- Persoas desempregadas con discapacidade
- Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación
- Mulleres desempregadas
- Inmigrantes desempregados

Se estás interesado en participar neste proxecto, ponte en contacto con esta Asociación no 982 226 912.
 



ou Voltar ós cursos