APEHL

37 propostas culinarias loitarán por gañar o XVII Concurso de Tapas de Lugo

O certame, no que participan un total de 37 establecementos, terá lugar do 4 ao 20 de novembro e a gran final celebrarase unha semana máis tarde, os días 25, 26 e 27.

26.10.2022. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acompañado da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; da concelleira de Cultura e Turismo e vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e da deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García, presentou esta mañá no Centro Cultural Vello Cárcere a décimo sétima edición do Concurso de Tapas de Lugo.

O certame está organizado pola Apehl co patrocinio do Concello de Lugo e coa colaboración de Estrella Galicia e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, así tamén estaban presentes no acto Ramón Rodríguez, representante de Estrella Galicia, e José Manuel Rodríguez, presidente do Consello .

Durante o acto, o presidente da Apehl amosou a súa satisfacción por celebrar un ano máis esta iniciativa, agradeceu “a participación de todos e cada un dos establecementos participantes” e destacou “o esforzo que o seu traballo implica durante estes días de campionato”.

FUNCIONAMENTO DO CONCURSO

Os prezos das tapas estarán entre 2 e 4 euros e poderanse degustar, como mínimo, de 13:00 a 15:30 h  e de 20:00 a 22:30 h. Ante esta pequena variación dos prezos con respecto a outros anos, Real apuntou que “non é máis que unha consecuencia da situación actual que vivimos”.

Os consumidores votarán as tapas do concurso mediante o cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración é do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5, a máis alta. Todos estes cupóns entrarán no sorteo de distintos premios.

A maiores, todos os locais terán a disposición dos clientes os folletos-pasaporte, que os consumidores deberán selar para poder participar nos sorteos desta edición. Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 10 establecementos participantes optarase a unha estancia para dúas persoas en Hacienda Zorita, de Salamanca, e se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 20 establecementos participantes optarase a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a Budapest.

O presidente da Apehl subliñou que “desta maneira os clientes non están obrigados a recorrer todos os establecementos e apostamos con estes premios por incentivalos a consumir as maiores tapas posibles”.

GALARDÓNS ÁS MELLORES TAPAS

O público será o encargado de seleccionar o gañador do concurso así como as 12 tapas finalistas. Farao a través dos cupóns de votación que poderá depositar ata o 20 de novembro nas urnas dispoñibles en todos os locais.

Por outra banda, un xurado profesional encargarase de escoller durante os días da final, 25, 26 e 27 de novembro, nos que as 12 tapas finalistas estarán a disposición do público xeral para volver a degustar, cinco títulos máis: primeiro premio, segundo premio, terceiro premio, mellor maridaxe Estrella Galicia e mellor maridaxe Ribeira Sacra.

LISTADO DE PARTICIPANTES

Os 37 establecementos que participan nesta edición do Concurso de Tapas de Lugo son os seguintes:

 

  1. 3 Pés
  2. A Adega
  3. Anda
  4. Antas
  5. Bulló Xantar
  6. Casa d´Auga
  7. Eduri
  8. El Boni
  9. El Dotmas Bar
  10. El Riba
  11. El Santuario de Magnus
  12. España
  13. Galo
  14. Gran Café
  15. Karrusel
  16. La Cosechera 1977
  17. La Esquina
  18. La Terraza del Méndez
  19. Las Cinco Vigas
  20. Legends Café
  21. Manuel Manuel
  22. Mesón El Castillo
  23. Nadela
  24. Castor
  25. O Cincuenta e Seis
  26. O Figón
  27. Mercado
  28. Paprica
  29. Parada 33
  30. Portal 36
  31. Pulpería O Castelo
  32. Prebe
  33. Rabuda
  34. San Marcos Café
  35. Taberna Daniel
  36. Toni Portela
  37. Tosar