APEHL

Novas

Arranca a organización dunha nova edición do Cume Tapas con temática erótica

  • A Apehl abre o prazo de inscrición para todos os establecementos que queiran participar neste evento, que terá lugar do 21 de maio ao 5 de xuño.

27.04.2022. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios  de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comezou a traballar na organización dunha nova edición do concurso de tapas de Monforte, Cume Tapas.

Como novidade, desde Apehl anunciaron esta mañá que “despois do parón de dous anos, esta edición será diferente. Queremos ...

Tres números para gañar o porco de 100 kg entre todas as rifas do XIV Estase Cocendo

25.04.2022. Tras finalizar o prazo de reclamación do premio co terceiro número, tomado como referencia este domingo 24 de abril, a delegación da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) decidiu dar unha última oportunidade para facerse co porco de 100 kg da Devesa dos Formigueiros (Asociación Prodeme) e abriu hoxe un novo prazo de cinco días para que calquera dos tres números tomados como referencia poidan ser válidos para gañar o premio. 

A ...

Novo socio | Os Castros

Os Castros é un establecemento rexentado por unha novísima Belén Fernández, filla de hostaleiros, que se aventurou a abrir o seu propio negocio por ter experiencia no sector. Neste café bar e restaurante ofrece comida caseira e tradicional e traballa tanto carnes como peixes. Decidiu asociarse a Apehl porque pensa que a unión fai a forza e por contar cun bo asesoramento.

Dirección:  R/Paseo da Deputación, s/n. Ferreira de Pantón.

Teléfono: 982 906 630.

Última oportunidade para gañar o porco de 100 kg entre todas as rifas do XIV Estase Cocendo

20.04.2022. Tras finalizar o prazo de reclamación do premio co segundo número tomado como referencia o pasado venres 15 de abril, a delegación da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica que o terceiro e último número de referencia para comprobar a rifa premiada co porco de 100 kg da Devesa dos Formigueiros (Asociación Prodeme) é o 68.776, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 16 de abril.

A papeleta premiada debe ter ...

A ocupación hoteleira en Galicia alcanzou esta Semana Santa unha media do 90,96 %

18.04.2022. Hostalería de Galicia informa dos datos de ocupación real destes días de Semana Santa na comunidade galega, segundo as cifras facilitadas polas catro asociacións provinciais  da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, así como Hostelería Compostela e Hostelería de Ferrol. A media entre todas as provincias alcanzou un 90,96 %.

Na Coruña a media rexistrada durante dos días festivos –xoves, venres e sábado– foi do 95,13 % (xoves: 97,87 %, venres: 98 % e sábado 89,53 %).

Na provincia de ...

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo durante esta Semana Santa superou o 92 %

18.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta Semana Santa, na que se rexistrou unha media de 92,4 %, cifra similar ás anteriores á pandemia. No ano 2019 a media chegara ao 93,3 %.

Nesta ocasión, a Apehl confirma o camiño cara a recuperación en todas as zonas da provincia.

A Ribeira Sacra foi a comarca con máis visitantes, cunha media do 97,6 %. ...

Ampliación de horario nos locais de hostalería asociados a Apehl durante a Semana Santa

13.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante as distintas festividades do ano 2022.

A Asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites, desde a noite do día 9 ao 10 de abril ata a noite ...

Novo número premiado co porco de 100 kg entre todas as rifas do XIV Estase Cocendo

11.04.2022. Tras rematar o prazo de reclamación do premio co primeiro número tomado como referencia o pasado venres 8 de abril, a delegación da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica que o novo número de referencia para comprobar a rifa premiada co porco de 100 kg da Devesa dos Formigueiros (Asociación Prodeme) é o 76.221, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 9 de abril.

A papeleta premiada debe ter as últimas ...

Ampliación de horario nos locais de hostalería asociados á Apehl durante a Semana Santa

08.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante as distintas festividades do ano 2022.

A Asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites, desde a noite do día 9 ao 10 de abril até a noite ...

Novo socio | O Recuncho de Vane

A localidade de Baleira conta desde principios de abril cun novo local hostaleiro: O Recuncho de Vane. A súa propietaria, María Vanesa Valcárcel, estivo ligada sempre á hostalería e agora decidiu que era un bo momento para pór en práctica toda a experiencia adquirida no seu propio negocio, especializado en tapas e racións.

Aconsellada por outros hostaleiros, decidiu unirse a Apehl.

 

Dirección: Avda. Escobar, 12. 27130 Baleira (Lugo)