APEHL

Novas

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo rondou o 80 % durante a fin de semana desta ponte

09.12.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, na que se alcanzou unha media dun 62,5 % de ocupación.

Os datos, que consideran as pernoctacións de venres, sábado, domingo, lunes, martes e mércores, deixan ver como os días nos que máis ocupación houbo foron os referentes á fin de semana: sábado, 83 %, e domingo, 80 %. O venres rexistrouse unha media ...

El Boni, gañador por partida dobre do XVI Concurso de Tapas de Lugo

Os seguidores da décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo  decidiron que a vitoria fose para a tapa “O segredo da Maruxaina”, presentada por El Boni.

A Apehl clausurou o curso sobre cultura dos viños do mundo

30.11.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo clausurou esta tarde o curso sobre cultura de viños do mundo, organizado en colaboración coa Deputación de Lugo e que tivo lugar os días 10, 16, 17, 23, 24 e 30 de novembro.

Entre as materias teóricas da formación estiveron a historia do viño, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo en adega, o servizo, a maridaxe, a elaboración de cartas de viño, ...

O xurado comezará mañá a rolda de valoracións para seleccionar os premiados do XVI Concurso de Tapas de Lugo

25.11.2021. Os catro profesionais encargados de valorar as 12 tapas finalistas do XVI Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), comezarán mañá venres 26 de novembro ás 20:00 h a súa rolda de valoracións.

O xurado deste ano estará composto por Ana Isabel Fernández Escudero, enóloga e licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, graduada en Nutrición Humana e Dietética e experta en Calidade Internacional, tamén membro do ...

A Apehl lanza unh campaña de captación de socios na zona sur de Lugo

25.11.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) desenvolverá nos vindeiros meses unha campaña de captación de socios na zona sur de Lugo, patrocinada pola Deputación de Lugo.

Ademais do traballo comercial directo cos establecementos de hostalería, publicitará a Asociación en medios de comunicación e redes sociais.

 

Falece José Lorenzo Pérez, do Hotel Mogay de Chantada

24.11.2021. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) manifestamos o noso pesar polo pasamento de José Lorenzo Pérez, do Hotel Mogay, de Chantada, pioneiro na hostalería e figura representativa do sector non só na Ribeira Sacra senón tamén en toda a provincia.

Foto: El Progreso

Elixidos polo público os 12 finalistas do XVI Concurso de Tapas de Lugo

23.11.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, vén de facer o reconto dos votos emitidos polo público e desvela os doce establecementos finalistas da décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo:

A Paparota, Anda, El Boni, El Dotmas Bar, España, Manuel Manuel, Mesón Colón, O Castor, O Cincuenta e Seis, Paprica, Pulpería O Castelo e San Marcos Café.

Esta vindeira fin de semana, dende o venres 26 ata o domingo 28 de ...

A hostalería celebra os seus Premios Nacionais mirando ao futuro do sector

17.11.2021. Hostelería de España celebrou esta mañá en Madrid a súa tradicional gala para entregar os galardóns da décimo quinta edición dos Premios Nacionais de Hostalería.

Nesta edición dos Premios, tras máis de ano e medio de pandemia, buscouse recoñecer o esforzo que o sector hostaleiro ha demostrado neste tempo e que esta gala servise tamén como espazo de encontro e punto de inflexión para comezar a construír o camiño da recuperación da hostalaría, unha luz de esperanza tras meses ...

A Apehl acolle na súa sede de Lugo un curso sobre cultura dos viños do mundo

10.11.2021. O curso sobre cultura de viños do mundo, organziado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo en colaboración coa Deputación de Lugo, deu comezo hoxe na sede da Apehl en Lugo.

A formación desenvolverase os días 10, 16, 17, 23, 24 e 30 de novembro en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 h e será impartida por Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño; Paula Fraga, creadora ...

Inaugurado o XVI Concurso de Tapas de Lugo

El Boni, gañador da última edición celebrada en 2019, foi o lugar elixido para dar pistoletazo de saída ao certame gastronómico no que participan un total de 38 locais.

05.11.2021. A concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo e vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, xunto ao delegado de Estrella Galicia en Lugo, Pedro Gay, inauguraron esta mañá en El ...