APEHL

Novas

A campaña Saborea o Outono ponse en marcha en Monforte a partir de mañá

13.10.2021. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) pon en marcha a partir de mañá xoves, 14 de outubro, a campaña Saborea o Outono, co patrocinio do Concello de Monforte de Lemos.

Un total de 23 establecementos da localidade ofrecerán nesta segunda quincena do mes de outubro –os xoves, venres, sábados e domingos– tapas, racións, pratos de carta, menús, almorzos e mesmo cócteles con produtos típicos do outono.

Todos ...

Charla da Policía Nacional de Monforte de Lemos co sector hostaleiro

13.10.2021. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) convoca aos hostaleiros da cidade a asistir a unha charla que ofrecerá a Policía Nacional para informar da problemática que está a sufrir o sector en canto a roubos, pelexas e demais altercados, que afectan sobre todo ao lecer nocturno.

Tamén informarán de necesidades e inquietudes do colectivo en xeral. É por iso que a delegación de Apehl convida a todos os ...

A hostalería corre pola Palma

A carreira virtual poderase realizar entre os días 12 e 21 de novembro desde a app Believe.

• Todo o recaudado destinarase á reconstrución e axuda de empresas de turismo e hostalería afectadas.

8.10.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo súmase á iniciativa de Hostelería de España, organizando unha carreira virtual solidaria coa Palma debido á situación que vive a illa desde o inicio da erupción do volcán Cumbre Vieja.

A hostalería recibiu o ...

A Apehl e Vapafarma firman un convenio de descontos para os asociados

28.09.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) asinou un acordo de colaboración con Vapafarma co obxectivo de garantir importantes descontos para os seus socios nos servizos desta empresa, moi ligados ás esixencias de hixiene que trouxo consigo a pandemia, á prevención dos contaxios e a poder ofrecer unha hostalería segura.

No acto estiveron presentes Javier Teijeira, delegado provincial en Lugo de Vapafarma, e Cheché Real, presidente da Apehl. Ambas partes acordaron que Vapafarma ofrecerá ...

Aberto o prazo de inscricións do 1 ao 15 de setembro para participar no XVI Concurso de Tapas de Lugo

  • O certame terá lugar do 5 ao 21 de novembro e a gran final celebrarase unha semana máis tarde, os días 26, 27 e 28.

30.08.2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, presentaron esta mañá no Concello de Lugo a décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo.

O certame, organizado ...

As Asociacións provinciais de hostalería galegas solicitan a nulidade das novas restricións ao TSXG

17.08.2021. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fan público que a Asociación Provincial de Hostalería da Coruña, en nome das catro Asociacións provinciais de hostalería de Galicia, presentou un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSJG) a través do cal “solicitamos a nulidade das novas restricións que entraron hoxe en vigor con base en que a curva de contaxios xa está a decaer e as medidas son extemporáneas”, subliña Cheché ...

Publicada a convocatoria para a instalación de casetas de polbo no vindeiro San Froilán

17.08.2021. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) compartimos o anuncio e as bases da convocatoria para a instalación das casetas e caldeiros do polbo durante as Festas de San Froilán do ano 2021.

  • Fin prazo de presentación: ata as 14:00 horas do 25.08.2021
  • Lugar de presentación: Concello de Lugo, Oficina de rexistro ou por correo.

Anuncio no BOP de Lugo

Proposta do Concello de Lugo

 

O posto de ...E Para Comer, Lugo volve a facer promoción turística da provincia en La Vuelta 2021

28.07.2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, anunciou esta mañá que a entidade vai participar de novo en La Vuelta a España co posto de …E para comer, Lugo da man de Turismo de Galicia e a colaboración de varios consellos reguladores e asociacións de produtores.

Volve o posto de …E para comer, Lugo en La Vuelta 2021

23.07.2021. As condicións provocadas pola pandemia durante La Vuelta 2020 non permitiron que o stand de …E para comer, Lugo viaxase por toda España como viña sendo habitual nos últimos oito anos, pero este verán será de novo posible.

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), co apoio de Turismo de Galicia e a colaboración de varios consellos reguladores e asociacións de produtores, fará promoción turística e gastronómica da provincia nas saídas de etapa de ...

Volve Quiroga de Tapas

13.07.2021. Quiroga celebra a novena edición do concurso Quiroga de tapas, que está tendo lugar do 11 ao 23 de xullo. Participan un total de 9 establecementos hostaleiros, que poñerán as súas propostas a disposición dos clientes de 12:00 h a 14:30 h e de 19:00 a 22:30 h.