APEHL

Novas

A Apehl comparte o vídeo Sin ti no soy nada de agradecemento e esperanza tras un ano de loita contra a pandemia

18.03.2021. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) seguen traballando por e para o sector a pesar da etapa difícil pola que se está atravesando. Hoxe lanzan nas súas webs e redes sociais o vídeo Sin ti no soy nada no cal se fai unha breve reflexión do último ano, de todas as iniciativas levadas a cabo polo sector hostaleiro e que pretende transmitir, a través da canción do mesmo nome de Amaral, unha ...

A Apehl denuncia en Madrid o duro ano ao que se leva enfrontado o sector da hostalería

16.03.2021. Hostelería de España e unha representación de todas as asociacións territoriais, entre elas a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), realizaron un acto simbólico esta mañá diante do Tribunal Supremo (Madrid) para facer balance tras un ano da declaración do primeiro Estado de Alarma pola pandemia da covid-19.  No acto denunciáronse os duros doce meses que atravesou o sector, atopándose ademais co “muro” das Administracións.

Os datos interanuais do sector mostran que, desde o ...

Campaña 1 ano de loita

15.03.2021. Desde Apehl puxemos en marcha en redes sociais, en coordinación coa patronal nacional Hostalaría de España, da que formamos parte, a campaña 1 ano de loita con motivo do cumprimento dun ano de loita contra a pandemia da covid-19, na que o sector hostaleiro viuse e séguese vendo gravemente prexudicado.

Tanto é así que, ademais das publicacións feitas en redes, Hostelería de España celebrará mañá martes 16 de marzo diante do Tribunal Supremo en Madrid ás 10:30 h un acto ...

A Apehl solicita ampliar o toque de queda e o horario de peche de restaurantes ás 23:00 h

11.03.2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, Cheché Real, xunto ao presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, e os presidentes provinciais das asociacións do sector da Coruña e Pontevedra, Héctor Cañete (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña) e César Sánchez (Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra) solicitan ampliar o toque de queda ás 23:00 horas para poder así ampliar o horario de peche dos restaurantes ás 23:00 horas ...

A Apehl participará o vindeiro luns nunha reunión convocada pola Xunta de Galicia para abordar a situación do sector

12.02.2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, xunto cos presidentes das asociacións provinciais de hostalería de Galicia, estará presente na reunión convocada pola Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e presidida polo representante desta Administración, Alfonso Rueda, e que terá lugar o vindeiro luns 15 de febreiro. Á mesma asistirán tamén o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego ...

A hostalería non está disposta a seguir pagando os pratos rotos da crise

  • A criminalización do sector durante a pandemia e as restricións levan suposto 70.000 millóns de euros de perdas na facturación.

09.02.2021. Hostelería de España, patronal nacional na que está integrada a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), realizou esta mañá un acto simbólico de protesta diante do Ministerio de Facenda en Madrid.

Na acción rompéronse uns pratos como metáfora da situación que vive a hostalería un ano despois do inicio da pandemia. O ...

A Apehl apoia a campaña Un ano de restricións pagando os pratos rotos promovida por Hostelería de España

08.02.2021. Ante as restricións e peches que está a padecer o sector de hostalería en todo o territorio nacional, a patronal nacional Hostalería de España, da que forma parte a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), convocou para mañá martes, día 9 de febreiro, un acto simbólico de protesta fronte ao Ministerio de Facenda en Madrid, ás 10:30 h, para pór en marcha a campaña Un ano de restricións pagando os pratos rotos.

Desde ...

Publicadas novas medidas para paliar os efectos económicos da covid-19

04.02.2021. O Real Decreto-lei 3/2021, de 2 de febreiro, publicado no Boletín Oficial do Estado, recolle novas medidas económicas e sociais que amplían a cobertura e prorrogan o prazo de solicitude das moratorias financeiras para paliar os efectos económicos da covid-19.

Coa súa publicación o Goberno pretende reforzar a solvencia das empresas do sector do transporte e do turismo cuxa situación económica se vise afectada pola pandemia e reforza o apoio e alivia a carga financeira de fogares e traballadores autónomos.

SECTOR TURÍSTICO E TRANSPORTE ...

A Apehl participará o vindeiro luns nunha reunión convocada pola Xunta de Galicia para abordar a situación do ocio nocturno

03.02.2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estará presente xunto a cinco representantes do sector do ocio nocturno nunha reunión convocada pola vicepresidencia primeira da Xunta de Galicia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e presidida polo representante desta Administración, Alfonso Rueda, que terá lugar o vindeiro luns 8 de febreiro.

A convocatoria ten como obxectivo debater acerca da problemática e da situación actual na que se atopan os ...

Acordo con Indemniza para a reclamación de perdas pola pandemia

Hostelería de España, patronal da que forma parte a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), chegou a un acordo coa plataforma INDEMNIZA para a xestión integral dos trámites da reclamación das perdas sufridas durante o estado de alarma entre marzo e xuño, xa que se trata dunha demanda crecente no sector.

O convenio asinado permitirá que calquera persoa física ou xurídica que realice actividades de restauración (bares, restaurantes, cafeterías) e aloxamento poida realizar dita tramitación ...