APEHL

Novas

A Apehl reúnese en Santiago con representantes do ocio nocturno galego para abordar a situación do sector

  • O obxectivo final da xuntanza foi valorar as necesidades actuais dos establecementos afectados pola pandemia da covid-19 e concretar medidas conxuntas que trasladar de maneira colectiva á Xunta de Galicia

23.09.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, participou esta mañá nunha reunión que tivo lugar no hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, para abordar a situación actual do sector do ocio nocturno, valorar as posibilidades de saída desta ...

Permitida a reapertura de terrazas dos establecementos de ocio nocturno

11.09.2020. Orde do 10 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

A Apehl súmase ao resto da hostalería española para clamar unidos pola salvación do sector

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) uniuse esta mañá a organizacións hostaleiras de toda España na concentración celebrada en Madrid contra a criminalización do sector e a falta de medidas compensatorias ante a crise actual.

Lugo, 9 de setembro de 2020.- Representantes de máis de 50 organizacións hostaleiras das 17 Comunidades Autónomas, entre as que se atopaban portavoces da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), concentráronse esta mañá ...

A Apehl informa da súa participación na concentración deste mércores en Madrid

07.09.2020 A Apehl estará presente este mércores 9 de setembro en Madrid para participar na manifestación convocada por Hostelería de España na Praza de Cibeles, na que estarán representantes de todas as asociacións de hostalería asociadas a eta entidade, co fin de sensibilizar e protestar pola crítica situación que está a vivir o sector hostaleiro en todo o país.

A Apehl protestará pola situación que está vivindo a hostalería o vindeiro 9 de setembro en Madrid

  • Desde a Asociación piden aos hostaleiros da provincia que apoien a iniciativa de maneira simbólica desde os seus locais.

03.09.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) estará presente o vindeiro mércores 9 de setembro en Madrid para participar na manifestación convocada por Hostelería de España na Praza de Cibeles, na que estarán representantes de todas as asociacións de hostalería asociadas a Hostelería de España, co fin de sensibilizar e protestar pola crítica situación que ...

A Apehl pide aos Concellos da provincia de Lugo que prorroguen as medidas adoptadas para axudar ao sector da hostalería

01.09.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, solicitou a todos os Concellos da provincia de Lugo a ampliación das medidas de flexibilización, licenzas especiais para ampliación ou instalación de terrazas ou outras concesións que se acordaron para facilitar a situación do sector hostaleiro tras a pandemia pola covid-19.

A Asociación pide aos alcaldes e alcaldesas lucenses que “amplíen estes prazos da maneira máis sinxela e áxil posible ata finais de ...

Aprazado o XVI Concurso de Tapas de Lugo

31.08.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) apraza o XVI Concurso de Tapas de Lugo, que ía ter lugar do 4 ao 20 de setembro, ante a situación epidemiolóxica actual no concello de Lugo e as medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para frear o contaxio por covid-19.

A organización do certame retomarase cando a situación sanitaria mellore, as condicións da hostalería se recuperen e se poida acudir aos locais coa maior normalidade posible, ...

Medidas especiais no concello de Lugo

31.08.2020. O DOG Nº174 bis publicado o pasado venres establece unha serie de restricións para o concello de Lugo.

As máis importantes:

  • Os titulares dos establecementos deben garantir o cumprimento da obrigatoriedade do uso da máscara
  • Limitación de reunións privadas ata 10 persoas
  • Redución do aforamento ata o 50% en hostalería
  • Non está permitido o consumo en barra
  • En terraza, 50 % das mesas

Medidas especiais para o barrio da Milagrosa (ámbito trerritorial delimitado pola Avenida da Coruña e rúas ...

A Apehl comunica que a hostalería de Monforte está aberta

26.08.2020. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) desmenten que a hostalería de Monforte de Lemos estea pechada, como se publicou nalgúns medios no día de hoxe.

A Apehl confirma que a verdadeira situación é que desde Sanidade se están facendo probas por establecementos para o rastrexo de casos. “Aqueles establecementos que fixeron as probas PCR son os que están pechados soamente ata recibir os resultados para máis seguridade”, destaca Cheché Real, presidente de ...

A Apehl solicitará ao Concello de Lugo que prorrogue os permisos para as terrazas

24.08.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, reunirase esta semana coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para solicitar a ampliación das licenzas especiais para ampliación ou instalación de terrazas na capital que se puxeron en marcha a mediados do mes de maio, con motivo de facilitar a situación do sector hostaleiro tras a pandemia pola covid-19.

Estes permisos, levados a cabo polo Concello tras a petición da propia Apehl, tiñan ...