APEHL

Novas

Cheché Real reúnese co alcalde de Foz pola subida das taxas das terrazas

11.12.2023. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, reuniuse o pasado xoves día 7 co alcalde de Foz, Francisco Cajoto, a demanda de 30 hostaleiros, con motivo da subida das taxas das terrazas, que consideran excesivas.

Os premios do XVIII Concurso de Tapas de Lugo repártense entre El Boni, Brasas Brancas, Prebe by Bret, Paprica, El Castillo e Pulpería O Castelo

29.11.2023. Os consumidores das tapas da décimo oitava edición do Concurso de Tapas de Lugo decidiron que a vitoria fose para a tapa “Noite meiga”, presentada por El Boni.

Entrega de diplomas aos alumnos do curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo

27.11.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo fixo esta mañá a entrega de diplomas para os 25 participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación de Lugo.

O xurado comeza a rolda de valoracións dos 12 finalistas do XVIII Concurso de Tapas de Lugo

24.11.2023. Os catro profesionais encargados de valorar as 12 tapas finalistas do XVIII Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio do Concello de Lugo, comezou a súa rolda de valoracións.

Todo a punto para Saborea e Canta o Outono, que chega o venres a Monforte de Lemos

22.11.2023. A Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos acolle este venres 24 de novembro unha nova edición da xornada gastronómica Saborea e Canta o Outono, toda unha festa outonal na que os asistentes poderán gozar das mellores tapas, desde as 19:30 horas ata as 23:00 horas, acompañadas de música en directo.

Coñecemos os 12 finalistas do XVIII Concurso de Tapas de Lugo elixidos polo público

21.11.2023. Tras facer o reconto dos votos emitidos polo público, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, desvela os doce establecementos finalistas da décimo oitava edición do Concurso de Tapas de Lugo: Casa d’Auga, El Dotmas Bar, El Boni, Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, Mesón El Castillo, O Cincuenta e Seis, O Figón, Orixe do Campo, Paprica, Prebe By Bret, Pulpería O Castelo e Santeiro`s Terraza.

Felicitamos a Oviedo por ser proclamada Capital Española da Gastronomía 2024

16.11.2023. Desde La Fuerza del Norte, plataforma do sector turístico constituída polas asociacións de hostalería e turismo das comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, queremos felicitar á cidade de Oviedo pola proclamación como Capital Española da Gastronomía 2024 e sentímonos contentos e orgullosos por iso.

A Terraza do Méndez recibe o Prato de Ouro de Radio Turismo

14.11.2023. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acudiu esta mañá á terceira edición do Congreso A Gastronomía no Camiño. O encontro desenvolveuse no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

A Parada das Bestas acolle desde hoxe un curso sobre cultura do viño, organizado pola Apehl e a Deputación de Lugo

13.11.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, dá comezo hoxe ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que terá lugar os días 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro e será impartido polo Instituto Galego do Viño, dirixido por Xoan Cannas.

Manuel Balseiro Pardo (Nito), recoñecido na gala de entrega dos Premios Nacionais de Hostalería

07.11.2023. Tras a candidatura presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Manuel Balseiro (Nito), do Restaurante Nito e Hotel Ego en Area, Viveiro, e do Hotel Urban, de Viveiro, foi recoñecido na categoría de Premio Empresario Hostaleiro do Ano.